Xunta de Galicia

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta identifica o presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Vilamarín

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta identifica o presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Vilamarín

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os operativos de vixilancia establecidos na zona permitiron recadar probas suficientes para poñer a disposición xudicial a este presunto autor, unha persoa habitual e coñecedora do lugar

As investigacións intensificáronse a partir do 24 de xuño, logo de rexistrar o primeiro lume do verán nesta zona, caracterizada por unha alta actividade incendiara nos últimos anos

Os axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), da Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, veñen de identificar ao presunto autor de varios lumes forestais na parroquia de San Salvador do Río, no concello ourensán de Vilamarín.Trátase dunha persoa habitual e coñecedora do lugar. Os traballos de investigación e os operativos de vixilancia establecidos na zona permitiron recadar probas suficientes para poñer a disposición xudicial ao presunto autor de xeito intencionado destes incendios. As primeiras dilixencias xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Ourense e ao Ministerio Fiscal.As investigacións intesificáronse a partir do 24 de xuño, logo de rexistrar o primeiro lume do verán nesta zona, caracterizada por unha alta actividade incendiaria nos últimos anos. O labor dos axentes da UIFO desenvólvese en estreita colaboración co resto traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta, especialmente do Distrito Forestal XII Miño–Arnoia, responsable desta zona.Esta unidade creouse no ano 2021 e está despregada por todo o territorio galego, onde continúa coas investigacións recadando probas para traballar na identificación e posta a disposición xudicial dos presuntos incendiarios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN