Xunta de Galicia

Villares reclama ao Goberno central que "cumpra coa súa palabra" e abone as compensacións aos mariscadores afectados pola dragaxe da ría do Burgo

Villares reclama ao Goberno central que “cumpra coa súa palabra” e abone as compensacións aos mariscadores afectados pola dragaxe da ría do Burgo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O responsable autonómico critica que o Estado aínda non remitiu o estudo da situación da ría, como require a declaración de impacto ambiental da obra, pese a que o prazo que outorgaba o citado documento venceu fai quince días

Tamén reclama ao Executivo estatal que cumpra cos compromisos adquiridos como promotores da dragaxe e denuncia que as sementeiras non foron realizadas conforme establecía o proxecto poñendo en risco a produtividade dos bancos afectados

A Consellería do Mar, xunto a asistencia técnica da confraría, leva a cabo o seguimento da biomasa de bivalvos para comprobar tamaño e cantidades para así determinar o mellor momento para retomar a extracción nas zonas sen afección directa da dragaxe

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, exixe ao Goberno central que “cumpra coa súa palabra” e asuma as súas obrigas como promotor das obras de dragaxe da ría do Burgo. Tamén reclama que desde o Executivo estatal se concreten as anunciadas liñas de axudas para compensar economicamente ás 80 familias afectadas pola paralización da actividade marisqueira. “Así o establece o propio proxecto elaborado por eles, a Xunta non se está inventando nada” destaca á vez que recorda as reiteradas ausencias de representantes do Estado ás reunións con representantes do sector, “o que demostra a súa falta de interese sobre o tema e de sensibilidade cos profesionais afectados” afea.O responsable autonómico volve a reclamar ao Executivo central a que remitan o estudo da situación actual da ría do Burgo, unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe e en cumprimento do establecido na propia declaración de impacto ambiental do proxecto, que outorgaba un prazo dun máximo de dous meses que xa venceron fai quince días. O documento recolle un estudo batimétrico e de natureza litolóxica da zona de actuación así como a caracterización da calidade dos sedimentos superficiais dos fondos da ría. “A que agardan para facelo?” se pregunta.O conselleiro do Mar amosa o apoio ás demandas do sector ante a situación xerada polas obras e recorda que, como recolle o propio proxecto de obra, non se poderá restablecer a actividade extractiva nos bancos afectados ata que os bivalvos acaden un tamaño comercial. Nesta liña, puxo en valor o traballo que ven facendo desde a Consellería do Mar, xunto coa a asistencia técnica da confraría, de seguimento da biomasa dos bivalvos para comprobar o tamaño e cantidades para así poder determinar o mellor momento para retomar a actividade marisqueira nas zonas nas que non houbo unha afección directa pero si indirecta pola paralización da actividade e o movemento de sedimentos. Así explicou que é xusto nestas zonas nas que a confraría pode acollerse ás liñas de axuda da Consellería para rexenerar e facer sementeiras das zonas improdutivas. Alfonso Villares denunciou que a sementeira realizada pola empresa contratada polo Goberno central para acometer a dragaxe da ría do Burgo “se fixo in extremis e mal” e reclama que se cumpra co establecido no proxecto e na súa declaración de impacto ambiental. “Quixeron cumprir os prazos de execución sen importar se atendía ao proxectado inicialmente” afirma. Ademais, acusa ao Miteco de non dicir a verdade no informe de seguimento ambiental de abril que sinala que se procede a realizar a sementeira conforme a declaración de impacto ambiental do proxecto, “cando é evidente que para nada foi así”. Tamén indicou que banco do Carniceiro, utilizado polo marisqueo a pe, non ía a estar afectado pola dragaxe segundo proxecto , porén, viu reducida a súa superficie ao redor dun 50%, sendo un dos máis importantes desde o punto de vista económico para a confraría.Nesta liña, só foron sementadas dúas das catro especies existentes previamente ás obras, en menos unidades das necesarias para unha correcta rexeneración e polos propios operarios da obra, sen a debida cualificación, xa que os propios mariscadores se negaron a participar polos constantes incumprimentos e as deficiencias detectadas. Unha actuación que deixa a estes bancos marisqueiros en malas condicións para a súa recuperación o que terá unhas consecuencias nefastas para a produtividade marisqueira nesta zona. “Desde o Goberno galego reiteramos o noso apoio ao sector e as súas demandas e seguiremos traballando por garantir o futuro da actividade marisqueira na ría do Burgo” remata

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín