Xunta de Galicia

Xosé Merelles destaca que o novo Palacio da Auga de Mondariz engade valor diferenciador á proposta turística termal galega

Xosé Merelles destaca que o novo Palacio da Auga de Mondariz engade valor diferenciador á proposta turística termal galega

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Pon en valor o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Centros históricos deseñado pola Xunta de Galicia de 23M? e activo durante todo este ano

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, puxo en valor esta mañá en Mondariz o termalismo coma “unha sinal de identidade da nosa oferta turística” engadindo que se trata dun “elemento diferenciador que favorece o desenvolvemento no rural e urbano cunha proposta única e de calidade”. Así o manifestou durante a reapertura do Palacio da Auga do Balneario de Mondariz.Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou ademais que o termalismo é un claro axente “dinamizador socioeconómico do territorio” e supón ademais un avance cara “unha xestión turística máis sostible e responsable”. “Galicia conta con exemplos coma o Balneario de Mondariz que falan de épocas douradas do termalismo en Galicia e en España”, salientou Xosé Merelles eloxiando a capacidade de diversificación desta oferta que soubo adaptarse aos novos tempos pasando non só do aproveitamento das augas mineromediciñais para uso terapéutico, senón estendéndoo a outros coma o estético, o coidado persoal, e por suposto, o turístico.“Somos ?engadiu– un dos principais destinos termais de España e tamén a nivel internacional, xa que ocupamos o segundo lugar en Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais”. Neste punto, quixo salientar o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Centros históricos da Xunta de Galicia, que conta cun investimento global de 23M? financiados con cargo aos fondos Next Generation e que foi deseñado pola Xunta de Galicia. Esta planificación engloba oito estratexias en medio cento de concellos xunto con outras medidas e liñas de axuda, entre outras accións.Neste sentido, Xosé Merelles subliñou que “o Palacio da Auga afronta agora unha nova etapa cunhas instalacións melloradas que apostan polas novas tecnoloxías, por novas tendencias en balnearoterapia e uns espazos que perseguen o benestar a través dos beneficios da auga”. Entre as novas prestacións están unha piscina central interactiva, zonas de descanso, servizos complementarios como saunas e pediluvio e unha piscina zen ao aire libre.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín