Xunta de Galicia

A Xunta apoia con case 8,8 M? a contratación de persoas desempregadas que están a avanzar na prevención de incendios en concellos do rural galego

A Xunta apoia con case 8,8 M€ a contratación de persoas desempregadas que están a avanzar na prevención de incendios en concellos do rural galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou a localidade de Cerdedo–Cotobade, á que se lle concederon este ano máis de 48.000 euros para sufragar a contratación dun total de tres persoas

No marco do programa Aprol Rural, estes traballadores están a realizar tarefas relacionadas coa planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes ou a xestión da biomasa

En toda a Comunidade galega, posibilitouse a contratación dun total de 534 persoas en preto de 300 concellos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe o concello pontevedrés de Cerdedo–Cotobade, beneficiario dunha axuda superior aos 48.000 euros que permitiu a contratación este ano dun total de tres persoas para levar a cabo tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais. Alí, en compañía do alcalde, Jorge Cubela, destacou que en toda Galicia a Xunta investiu case 8,8 millóns de euros para posibilitar que 534 persoas desempregadas fosen contratadas en preto de 300 municipios e se estean a dedicar a este cometido primordial especialmente no verán. Segundo explicou o secretario xeral, o programa Aprol Rural está dirixido a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, promovan a contratación de traballadores para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias. En concreto, contémplase a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes ou a xestión da biomasa.A efectos de seren beneficiarios, esta orde considera concellos rurais todos os galegos, agás os de Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.Con carácter xeral outórgase a subvención para un contrato nos concellos, aínda que as prazas con apoio poden chegar a catro atendendo a que a solicitude a realicen entidades fusionadas –como é o caso de Cerdedo–Cotobade– ou municipios emprendedores.En concreto, as achegas dan cobertura aos custos salariais totais das persoas incorporadas, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada cuns máximos establecidos en función dos grupos de cotización á Seguridade Social que correspondan á categoría profesional dos traballadores e traballadoras a contratar.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN