Xunta de Galicia

A Xunta apoia a mobilidade dos universitarios galegos dentro e fóra da Unión Europea e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro

A Xunta apoia a mobilidade dos universitarios galegos dentro e fóra da Unión Europea e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Ata o 22 de xullo pódense solicitar axudas de entre 1.700? e 2.500? para participar o vindeiro curso en programas de mobilidade con países extracomunitarios

Un total de 186 estudantes mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro

A maiores, dentro do programa Erasmus+, este curso concedéronse bolsas de entre 366? e 2.255 ? a un total de 1050 estudantes das universidades galegas

A Xunta apoia un curso máis a mobilidade dos estudantes galegos e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro. Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten aberta a convocatoria das bolsas para o alumnado das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participe en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024–2025 fóra do ámbito do programa Erasmus+.Cun orzamento total de 284.000?, o importe consignado para cada estudante nas súas estadías varía en función do país de destino, así será de 1.700? para intercambios realizados en Europa e de 2.500? para o resto do mundo. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de xullo e formalizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para solicitar a bolsa, o estudante deberá estar matriculado no curso 2024/25 en calquera grao das universidades públicas galegas e participar no devandito programa de mobilidade. Non poderán recibir a axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumando que, con nacionalidade distinta á española e con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe. No curso 2023/24 recibiron estas axudas un total de 65 estudantes das universidades públicas galegas.Ademais, un total de 186 estudantes das universidades públicas galegas mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro. O Diario Oficial de Galicia publicou xa a resolución destas axudas, que teñen como obxectivo que os estudantes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras, capacidade de estudo e de traballo no contexto internacional. Cada alumno recibe unha axuda de entre 1.200? e 1.500? para realizar estadías de formación lingüística nalgún país estranxeiro entre o 15 de xuño e o 31 de agosto. Do total dos 186 bolseiros, 137 (o 73%) son mulleres e 49 (o 26%) son homes. Por universidades, 79 estudan na de Santiago de Compostela, 59 na de Vigo e 48 na da Coruña. O país ao que máis se desprazan os alumnos é Malta (62 estudantes), seguido de Irlanda (54) e Reino Unido (24). Séguenlle Italia (11), Canadá e Francia (ambos 10 alumnos).A rama de coñecemento na que están matriculados máis bolseiros é Ciencias Sociais e Xurídicas (95 estudantes), seguida de Ciencias da Saúde e Artes e Humanidades, ambas as dúas con 27 alumnos. A maiores, 23 beneficiados cursan estudos de Enxeñaría e Arquitectura e outros 14 da rama de Ciencias. O ano pasado participaron neste programa 160 universitarios.A maiores, a Xunta concedeu neste curso 2023/24 axudas complementarias ás do programa de mobilidade europea Erasmus+ a un total de 1.050 alumnos ?650 mulleres e 400 homes? das tres universidades públicas. Segundo a resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia, 468 dos beneficiarios cursan estudos na Universidade de Santiago de Compostela, 323 na Universidade de Vigo e 259 na Universidade da Coruña.Por área de coñecemento, 533 dos beneficiarios son alumnos de Ciencias Sociais e Xurídicas, 147 de Enxeñería e Arquitectura, 146 de Ciencias da Saúde, 118 de Artes e Humanidades e 106 de Ciencias. Os países nos que máis realizan o Erasmus os beneficiados son, ao igual ca no curso pasado, Italia (278) e Polonia (219).A Consellería destina un orzamento de 1,5M? a esta convocatoria. A contía das bolsas oscila, en función da duración da mobilidade (entre tres e nove meses) e do país de destino, entre os 366? e os 2.255?, sendo a axuda media de 1.555?. Cómpre sinalar que, ademais do importe por duración e destino, 688 alumnos perciben unha asignación adicional de 500? por ter unha estadía igual ou superior aos cinco meses.Estas axudas enmárcase dentro das iniciativas do Goberno galego a prol dun sistema educativo de calidade e con igualdade de oportunidades independentemente dos recursos económicos das familias. Así, a Consellería de Educación apoia aos estudantes para que poidan completar os seus estudos universitarios fóra do territorio español e favorece un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar e completar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.As axudas teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado das universidades galegas. De esta maneira, tamén se consegue o progreso da sociedade no seu conxunto e constitúe a base para proporcionar o capital humano altamente cualificado e formado que precisa Galicia para afrontar os retos futuros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN