Xunta de Galicia
A Xunta apoia 62 novos proxectos para a transformación e comercialización de produtos agrarios con máis de 23 M?
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A Consellería do Medio Rural publica hoxe a resolución destas subvencións, que apoiarán investimentos por un importe superior aos 73 millóns de euros
O obxectivo destas axudas é fomentar proxectos industriais mellorando a orientación ao mercado e aumentando a competitividade das explotacións a curto e longo prazo, en particular cun maior fincapé na investigación, a tecnoloxía e a dixitalización
Dende 2016, Medio Rural convocou en sete ocasións estas achegas, cun orzamento total adxudicado de 195,04 millóns de euros
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a
pola que se que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola orde de axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios correspondente a 2024. En total, nesta convocatoria aprobáronse 62 proxectos, cun investimento subvencionable que supera os 73 millóns de euros e axudas concedidas por máis de 23 millóns de euros.Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), teñen como principal obxectivo promover o desenvolvemento de proxectos industriais do sector agroalimentario, en liña coa finalidade de mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, en particular cun maior fincapé na investigación, a tecnoloxía e a dixitalización.Por provincias, a de Lugo é a que ten máis proxectos aprobados (o 42% do total) e o maior investimento total subvencionable (o 35%). Por sectores, entre todos os apoiados destacan, pola súa importancia, as axudas concedidas a proxectos de investimentos no sector lácteo e cárnico, cun importe total de case 18,6 millóns de euros, o que representa máis do 80% do total das axudas concedidas.Dende 2016, a Consellería do Medio Rural convocou en sete ocasións estas axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios, cun orzamento total adxudicado de 195,04 millóns de euros. Estas achegas subvencionaron investimentos por un importe total de 628,74 millóns.Enlace á resolución no DOG:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando