Xunta de Galicia

A Xunta autoriza seis novas casas niño no rural cun orzamento de 560.000?

A Xunta autoriza seis novas casas niño no rural cun orzamento de 560.000€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Isto supón 30 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non hai escola infantil

Por primeira vez concédense axudas para a creación de casas niño en Baleira, Padrenda e Pedrafita do Cebreiro

O

(DOG) publica hoxe a resolución de concesión das axudas para a creación de casas niño no rural. A Xunta de Galicia autorizou seis novas, cun orzamento de 560.000 euros, nos concellos de Baleira (Lugo), Padrenda (Ourense), Rábade (Lugo), Pedrafita do Cebreiro (Lugo), Paderne (A Coruña) e Entrimo (Ourense).Isto correspóndese con 30 novas prazas 100% gratuítas para nenos de 0 a 3 anos que viven en núcleos de poboación sen escola infantil. No caso dos concellos de Baleira, Padrenda e Pedrafita do Cebreiro é a primeira vez que se conceden axudas para a posta en marcha deste servizo. En total, supérase o cento de casas niño en toda Galicia.Deste xeito, confírmase a boa acollida destes servizos desde a súa posta en marcha no ano 2016. O Goberno galego fixo unha aposta decidida por dotar os concellos do rural desta alternativa de conciliación para promover que as familias destas áreas tamén conten con opcións para compatibilizar a súa vida laboral e familiar.Esta convocatoria presenta como novidade unha axuda complementaria de 150 euros semanais para a persoa encargada dunha casa niño mentres estea de permiso por maternidade ou paternidade. Isto súmase á achega anual que outorga a Xunta á persoa que promove o servizo, ademais do investimento inicial dun máximo de 15.000 euros para a adecuación das instalacións onde se vaia emprazar a casa niño.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN