Xunta de Galicia

A Xunta avanza no acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña-Carballo, que suporá afeccións puntuais no tráfico a partir deste luns

A Xunta avanza no acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña-Carballo, que suporá afeccións puntuais no tráfico a partir deste luns

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As actuacións, que executa a concesionaria da autoestrada, contan cun orzamento de 400.000? e teñen como obxectivo garantir a durabilidade dos pavimentos

Acometerase a rehabilitación da capa de rodaxe, co estendido de mestura bituminosa en quente, e procederase ao selado de fisuras nos puntos deteriorados

A execución destas obras fará necesarios cortes puntuais de carrís e dalgúns ramais, que serán maioritariamente en horario nocturno e estarán debidamente sinalizados

A Xunta continúa avanzando nas obras de acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña–Carballo (AG–55), que suporán afeccións puntuais no tráfico a partir deste luns.A intervención, cun investimento de 400.000?, comezou a inicios deste mes por parte da concesionaria da autoestrada. O obxectivo é garantir a calidade e a durabilidade dos pavimentos nesta infraestrutura, contribuíndo ao reforzo da seguridade viaria.Os traballos céntranse no estendido de mesturas bituminosas en distintos tramos da AG–55, especialmente naqueles puntos que se atopen deteriorados.Tamén se selan as gretas mediante a aplicación en quente dun produto específico, establecendo unha ponte estanca entre os seus bordos máis unha cobertura de árido fino, en distintas localizacións ao longo da autoestrada.Os traballos, que se desenvolverán durante 4 semanas aproximadamente, farán necesarias afeccións puntuais no tráfico, que estarán debidamente sinalizadas.Así, na noite do luns, entre as 22 e as 6 horas, cortarase o ramal de saída da AG–55 sentido Carballo do enlace Paiosaco. Haberá tráfico alternativo no ramal de entrada en ambas direccións.Na noite do martes, o corte será no ramal de entrada dirección Carballo, no enlace de Carballo Este; e na madrugadas do mércores, haberá corte do ramal de entrada dirección Coruña dende a AC–552.O mércores e o xoves, en horario de 7:00 a 22:00, disporase un corte de carril alterno entre os puntos quilométricos 6 a 9; 12 a 15; e 26+500 a 29+000 en ambas calzadas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN