Xunta de Galicia

A Xunta avanza na distribución de microguías de emprendemento para diversificar os negocios en Galicia e favorecer a remuda

A Xunta avanza na distribución de microguías de emprendemento para diversificar os negocios en Galicia e favorecer a remuda

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social fixo entrega hoxe de varios exemplares na sede da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) na Coruña

Marta Mariño explicou que as guías están dispoñibles na web da Rede de polos de emprendemento (https://polosemprendemento.gal/guias) e que explican as características ou vantaxes de distintos tipos de negocio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe a sede da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) na Coruña onde fixo entrega de varios exemplares das microguías de emprendemento lanzadas pola Xunta para impulsar a posta en marcha de empresas en Galicia. Alí, explicou que estas guías están tamén dispoñibles na web da Rede de polos de emprendemento (

) e que se irá ampliando o seu número para dar a coñecer as características ou vantaxes de distintos tipos de negocio, ademais de cuestións como a transmisión de empresas en funcionamento na liña do Plan de remuda implementado para asegurar a continuidade do tecido produtivo da Comunidade.Primeiramente, nas guías contémplase orientación para establecerse como persoa empresaria individual ou autónoma, para impulsar unha comunidade de bens ou unha sociedade civil. Tamén se dá conta dos detalles para emprender mediante unha sociedade limitada ou anónima.Para darlle un pulo á economía social, hai deseñadas ata cinco guías neste apartado: trátanse as particularidades das cooperativas de traballo asociado, os centros especiais de emprego, as sociedades limitadas laborais, as sociedades anónimas laborais e as empresas de inserción laboral.Nos casos xa mencionados, as microguías recollen aspectos como descrición, definición e características do negocio, vantaxes e inconvenientes e tipoloxías, de ser o caso. Tamén pormenores para a constitución e posta en marcha da empresa, obrigas fiscais ou normativa aplicable.A maiores, existe outra guía concibida para promover a transmisión de negocios en funcionamento, na liña do Plan de remuda implementado ao abeiro da Rede de polos. Esta guía complementa o traballo que está a executar nos 14 Polos activos o persoal técnico da Rede, asesorando para que persoas interesadas poidan facerse cargo de negocios que vaian pechar e que se complementa cunha orde de axudas de 1,5 millóns de euros, con prazo de solicitude aberto.Por último, elaboráronse outras guías xenéricas de utilidade á hora de montar un negocio: sobre tramitación dixital e protección da información, aspectos laborais, aspectos contables básicos, aspectos financeiros e contratos e acordos comerciais. Desde a posta en marcha do primeiro centro en xullo de 2022, abríronse un total de 14 Polos de emprendemento no conxunto do territorio. Ata o de agora, a Rede leva atendido arredor de 2.300 iniciativas empresariais. Por sectores, predominan os servizos, seguidos da hostalaría e de actividades de comercio.Coas persoas emprendedoras que teñen acudido á Rede –un 59% delas mulleres– lévanse realizado máis de 6.200 titorías. En canto ás actividades, entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos da Rede, lévanse realizado máis de 800.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN