Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello da Arnoia estudan a posibilidade de mellorar a EDAR da localidade

A Xunta e o Concello da Arnoia estudan a posibilidade de mellorar a EDAR da localidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, estudaron nunha reunión que mantiveron recentemente a posibilidade de levar a cabo melloras na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da localidade.Nesa liña, a conselleira explicou ao rexedor que técnicos de Augas de Galicia analizarán a situación actual da EDAR para valorar as actuacións que sería necesario acometer para modernizala e dar un mellor servizo á veciñanza do municipio.Por outra banda, Rodrigo Aparicio trasladoulle a Ángeles Vázquez a necesidade de instalar unha nova pasarela peonil sobre o río Arnoia. Nese senso, cómpre indicar que esta actuación permitiría ofrecer tanto unha nova zona de esparexemento para a veciñanza como un punto de interese para os visitantes da localidade.Ademais, a nova ponte, que, segundo o proxecto municipal, substituiría ao antigo poldrado que foi destruído por unha riada o ano pasado por unha estrutura de madeira en apoios na canle, tamén suporía unha vía de comunicación entre as dúas beiras do río para os agricultores que teñen propiedades na contorna.A conselleira aseguroulle ao alcalde que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín