Xunta de Galicia
A Xunta e o Concello de Esgos colaborarán nunha ampliación da rede de saneamento municipal que beneficiará a un terzo da veciñanza
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Ángeles Vázquez comprométese co alcalde a que Augas de Galicia estudará tamén con detalle outro proxecto municipal para garantir o abastecemento de Tarreirigo–Vilar
A Xunta de Galicia e mais o concello de Esgos colaborarán na posta en marcha do proxecto para a ampliación da rede de saneamento municipal de Vilar de Ordelles–O Pinto–Laioso e a súa posterior conexión coa estación depuradora existente na Cambela.Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o rexedor ourensán, Mario Rodríguez, durante unha recente reunión para abordar este e outros asuntos de interese municipal no marco das competencias que ten atribuídas o departamento autonómico.Segundo lle explicou o alcalde, a ampliación conta cun proxecto xa redactado e permitiría optimizar o actual funcionamento da EDAR de Cambela, ao tempo que resaltou a importancia da actuación para o municipio, xa que beneficiaría a aproximadamente 400 veciños dos 1.116 cos que conta este concello ourensán.Así mesmo, Ángeles Vázquez tamén se comprometeu a que Augas de Galicia estudará ao detalle o proxecto do concello para garantir o abastecemento de Tarreirigo–Vilar a través da instalación de 1,5 quilómetros de tubaxes.Aínda que as competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas son municipais, cómpre lembrar que a Xunta presta o seu apoio técnico e económico aos concellos galegos para contribuír a que poidan exercelas do xeito máis eficiente e presten uns servizos de calidade á súa veciñanza. De feito, este ano Augas de Galicia conta cun orzamento de case 110 millóns de euros reservado para obras relacionadas co saneamento e coa mellora dos sistemas de abastecemento á poboación.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando