Xunta de Galicia

A Xunta e o concello do Pereiro de Aguiar abordan os avances das obras de ampliación do parque empresarial

A Xunta e o concello do Pereiro de Aguiar abordan os avances das obras de ampliación do parque empresarial

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor

Un dos temas a tratar na reunión foi o das melloras a acometer nas infraestruturas de subministración de auga como consecuencia do incremento que se vai producir na demanda

A Xunta de Galicia, a través de Xestur, ofrece ás empresas que se queiran implantar na Comunidade solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para falar sobre os avances das obras de ampliación do parque empresarial e, concretamente, sobre as melloras a acometer nas infraestruturas de subministración de auga como consecuencia do incremento que se vai producir na demanda.O obxectivo é reforzar as infraestruturas dispoñibles para garantir o abastecemento en todo momento, para o cal vaise executar un novo depósito de 1.000 m³ de dous compartimentos, incrementarase o diámetro da canalización de impulso desde o depósito Monterrei II, e dobrarase a capacidade do sistema de bombeo ata os 60 m³/h.A ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, xa en marcha, abrangue unha superficie de máis de 235.000 m² e faise necesaria pola demanda de solo industrial no concello, posto que, actualmente, conta con todas as parcelas vendidas.Neste contexto, Margarita Ardao lembrou que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, ofrece desde agora ás empresas que se queiran implantar na Comunidade solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos en réxime de dereito de superficie. En concreto, están dispoñibles 563.144 m² sen a exixencia de que se trate de proxectos empresariais singulares, e a previsión é ir incrementando esta cifra. En relación ao custo, a partir do noveno ano manteríanse as condicións actuais de maneira que o canon anual a aboar sería do 3,5% do prezo de venda da parcela.O Goberno galego é consciente da importancia de dispoñer de solo empresarial en condicións competitivas para atraer investimentos cara a Galicia. E, baixo esa premisa, este ano convocou dúas liñas de axuda que suman 6,7M? para a mellora de infraestruturas e servizos dos parques empresariais, a creación de viveiros industriais e para a implantación de redes de distribución eléctrica.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN