Xunta de Galicia

A Xunta da a coñecer o 'Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte' nunha xornada formativa en Ferrol

A Xunta da a coñecer o ‘Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte’ nunha xornada formativa en Ferrol

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial, Martina Aneiros, manifestou o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia e incidiu na necesidade de garantir a seguridade e benestar dos menores neste ámbito

Algo máis dunha trintena de persoas de clubs, federacións e agrupacións deportivas escolares da zona participaron na xornada que tivo lugar na Delegación Territorial de Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu esta tarde a última das xornadas formativas sobre a aplicación do Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte nas entidades deportivas organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte.Durante a sesión, que tivo lugar no salón de actos da Delegación e na que tomaron parte algo máis dunha trintena de persoas de clubs, federacións e agrupacións deportivas escolares da zona, a delegada territorial lembrou que o deporte é máis cunha actividade física “é un espazo onde se forxan valores como a disciplina, o respecto, a cooperación e a superación persoal”. Aneiros incidiu na necesidade de garantir a seguridade e benestar dos menores neste ámbito e manifestou o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia, toda vez que “non só afecta á integridade física e emocional de quen a sofre, senón que tamén distorsiona os valores fundamentais que o deporte debe promover”, dixo.Aneiros deu conta dos 150 casos de violencia no deporte rexistrados no 2022 e puxo en valor neste contexto o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte, un documento aprobado pola Xunta a través do Observatorio Galego de Familia e Infancia o pasado mes de xuño e que se enmarca na Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.“Trátase dunha guía de actuación que nos permite crear contornas seguras e saudables para os nosos nenos, nenas e adolescentes, abordando as estratexias de prevención, os mecanismos de denuncia e resposta, así como as medidas de apoio ás vítimas”, destacou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín