Xunta de Galicia

A Xunta convoca os Premios Extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño

A Xunta convoca os Premios Extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 16 de setembro

Os galardóns, cos que o Goberno galego recoñece o esforzo dos estudantes destas disciplinas, están dotados con 1.000? por premiado

A Xunta de Galicia vén de convocar os

para o alumnado de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño correspondentes ao curso 2023/2024, cos que se recoñecerá o traballo dos estudantes destas disciplinas.Poderanse conceder ata un máximo de seis premios extraordinarios: tres no ámbito de Música, un no de Danza e dous no de Artes Plásticas e Deseño. Cada un dos galardóns ten unha dotación de 1.000 ?.Para optar a estes premios, as persoas aspirantes deben contar cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música ou Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.O obxectivo é recoñecer e valorar o esforzo dos alumnos con excelentes resultados nas ensinanzas artísticas profesionais en Galicia.Para Música e Danza deben presentar unha copia dunha gravación de vídeo na cal a persoa aspirante interprete tres pezas de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais. Pola súa banda, as persoas aspirantes no ámbito de Artes Plásticas e Deseño deben presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorran.O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 16 de setembro. As peticións presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na

da Xunta de Galicia. As notificacións serán electrónicas e consideraranse recibidas no momento en que se acceda ao seu contido. Se o aspirante non accede nun prazo de dez días naturais, entenderase que rexeita o premio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN