Xunta de Galicia

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Lugo e Ourense

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Lugo e Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Trátase dunha doenza vírica que afecta ao gando bovino, pero que non se transmite ás persoas nin é contaxiosa entre os animais

Cómpre sinalar que nestes momentos xa se está comercializando, baixo prescrición veterinaria, unha vacina autorizada fronte ao virus da EHE, desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal

Por parte da Consellería do Medio Rural lévanse facilitando indemnizacións en Galicia por animais falecidos a consecuencia desta enfermidade, unha liña de apoio que continúa aberta

Ao tempo, a Xunta segue reclamando ao Ministerio de Agricultura a activación urxente dos 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta doenza e que, entre os custos subvencionables, se permita incorporar a vacina

A Xunta notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de cinco novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). Trátase de dous focos localizados nas comarcas veterinarias de Lugo e A Fonsagrada, na provincia de Lugo, e de tres focos nas comarcas veterinarias de Baixa Limia, Ourense e Terra de Celanova, na provincia de Ourense.Ao tratarse de focos localizados en provincias nas que xa se declarara a enfermidade en 2024, o diagnóstico laboratorial foi realizado exclusivamente polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.Con esta declaración, Galicia ten notificados focos en 15 comarcas veterinarias; 10 na provincia de Ourense (Maceda, A Limia, Ourense, Terra de Celanova, Baixa Limia, Verín, A Gudiña, Terra de Trives, Terra de Caldelas e Viana) e cinco na de Lugo (Ancares, Sarria, Terra de Lemos, Lugo e A Fonsagrada), neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor. Así, o número de explotacións positivas confirmadas sitúase en 195 e os animais positivos confirmados en 381.A EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero

Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Existe polo tanto un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, esta doenza non afecta ás persoas, que non poden enfermar nin pola picadura do mosquito transmisor, por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.A Consellería do Medio Rural foi unha das pioneiras neste sentido e habilitou en 2023 a indemnización dos animais falecidos a consecuencia desta enfermidade, que continúa tamén en 2024. A esta liña de apoio sumaranse tamén as axudas por tratamentos veterinarios aos animais afectados ou por uso de desinsectantes nas explotacións, comprometendo o MAPA un total de 15 millóns de euros en toda España para este fin neste ano, pero aínda pendentes de aprobarse e derivarse ás comunidades autónomas.Nesta liña, a Consellería do Medio Rural reitera a necesidade de que se activen, mediante o correspondente Real Decreto, eses 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta enfermidade e que, entre os custos subvencionables, se permita incorporar a vacina. A Xunta considera urxente adoptar esta medida para que as comunidades autónomas poidan, á súa vez, habilitar as correspondentes ordes de axudas e facer chegar os fondos á maior brevidade posible aos gandeiros, tendo en conta o axustado dos prazos a estas alturas do ano.Cómpre indicar que, en Galicia, ao fin da pasada estación de circulación do vector, a Consellería rexistrou un total de 641 explotacións, sobre un censo superior ás 30.000 explotacións bovinas, nas que resultaron afectados 1.484 animais, cun índice de mortalidade do 1,09%.Ao tratarse dunha enfermidade vírica non hai tratamento curativo, pero existe unha vacina desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal e autorizada pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, que xa está dispoñible para a súa adquisición baixo prescrición veterinaria. Ademais da protección inmunolóxica que suporá a administración da vacina, é fundamental a aplicación de medidas preventivas encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en concreto:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN