Xunta de Galicia
A Xunta destaca o papel da XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio a prol da divulgación dos oficios tradicionais e do impulso do comercio local
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe este evento, que se celebra na Praza España do Incio, en horario de 11,30 a 16,30 h.
O programa de actividades inclúe exposición de produtos de oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia e talleres abertos e gratuítos de pintura sobre tecido e gyotaku
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do alcalde do Incio, Héctor Corujo, visitou hoxe a XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio, unha iniciativa que conta coa participación da Fundación Artesanía de Galicia e que está orientada a promover o turismo e a cultura do municipio, así como para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos.Alí, o director xeral puxo en valor este evento xa consolidado, destacando o papel da artesanía na dinamización do comercio local e animando a apoiar o talento artesanal galego e a apostar polos produtos feitos á man, individualizados e de calidade que se comercializan baixo a marca Artesanía de Galicia.Ao longo da xornada haberá postos de artesanía na Praza de España e nos arredores do Concello. Xunto a estes expositores sitúanse os postos das empresas de alimentación da zona nos que se venden produtos típicos, como mel ou queixo. O programa inclúe, ademais, pasarrúas e actuacións musicais, así como unha degustación de iscos e unha foliada aberta.A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse dous obradoiros gratuítos para todos os públicos e sen inscrición previa especializados en pintura sobre tecido e gyotaku e impartidos polos artesáns María José Martínez e José Carrera do obradoiro
, así como por Leonor de
.Tamén participan postos de Artesanía de Galicia e expositores da zona para vender produtos típicos, relacionados coa xoiería, bixutería, coiro, complementos de moda, cestería, cerería, forxa e xoguetes. En concreto, expoñen as súas creacións Miudiño (Vigo), Riomao estudio (A Teixeira), Rocigarcía (Betanzos), María Jul (Cervo), Péndulo Complementos (Burela), Luciérnaga coiro (Barbadás), María Carmen Otero Folgueira (A Pastoriza) e J. Eiroa Forxa (Culleredo).
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando