Xunta de Galicia

A Xunta destaca o valor do programa Ícarus para fomentar o emprendemento e a economía social entre a comunidade universitaria

A Xunta destaca o valor do programa Ícarus para fomentar o emprendemento e a economía social entre a comunidade universitaria

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron na entrega dos Premios Ícarus 2024 da Universidade de Santiago de Compostela

Alí fíxose fincapé nas oportunidades de desenvolvemento que ofrecen as conclusións extraídas dos traballos universitarios e nos apoios do Goberno galego ao emprendemento, como a Rede de polos que conta con 14 centros

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron na entrega dos Premios Ícarus 2024, que forman parte dun programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC), orientado a impulsar a aplicación social e económica do coñecemento xurdido nos campus de Santiago e Lugo. Alí puxeron de relevo a importancia de iniciativas coma esta para fomentar o emprendemento e a economía social entre a comunidade universitaria.Neste certame prémianse teses de doutoramento e traballos de fin de grao e de fin de mestrado e inclúe todas as áreas de coñecemento que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela, que son Artes e Humanidades, Ciencias Experimentais, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura.Alí tamén se fixo fincapé nas oportunidades de desenvolvemento que ofrecen as conclusións extraídas dos traballos universitarios, así como os apoios da Xunta ao emprendemento, como a Rede de polos que conta con 14 centros nos que xa se prestou asesoramento a máis de 2.100 proxectos empresariais en diferentes fases.Medidas coma esta, explicaron, son as que fixeron a Galicia merecedora do premio á Rexión Emprendedora Europea 2025. Con elas, a Xunta busca impulsar o emprendemento da man de todos os axentes implicados para crear actividade económica e emprego de calidade, vertebrando o territorio e garantindo o crecemento e progreso de Galicia.Nesta liña, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social subliñou que as políticas de apoio ao emprendemento son clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia e, por iso, é tan importante explorar e saber aproveitar as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, apoiando ás persoas que estean dispostas a facelo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín