Xunta de Galicia

A Xunta destina 2,2 M? a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación

A Xunta destina 2,2 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria do programa InnovaPeme, a través do que se apoian 34 plans de innovación que mobilizan 4,4M?, supoñen 25 novas contratacións e implican preto de 1M? en subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visita en Mos INTEGASA que está a desenvolver un plan de innovación co apoio deste programa para impulsar o seu crecemento, competitividade e sustentabilidade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe en Mos a empresa INTEGASA, beneficiaria da convocatoria de axudas do programa InnovaPeme, cuxa edición de 2024 vén de resolverse. A través desta liña de axudas, 34 pemes galegas poderán executar plans de innovación para mellorar a súa capacidade innovadora. Para isto, a Xunta de Galicia destina preto de 2,2M?, cunha axuda media de máis de 64.500?, que mobilizarán case 4,4M? en investimento.Precisamente INTEGASA foi beneficiaria deste programa na edición de 2023, na que recibiu unha axuda de preto de 51.000 euros para executar un plan de innovación orzamentado en 101.000 euros. En concreto, a empresa, dedicada á fabricación e deseño de intercambiadores de calor e de recipientes a presión, está a executar un plan para impulsar a innovación a través da súa xestión, xeración de máis proxectos de I+D+i e implantación de novas tecnoloxías facilitadoras como a realidade aumentada.A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incidiu na importancia destes apoios para impulsar o crecemento, a competitividade e a sustentabilidade das pemes galegas e puxo de exemplo a INTEGASA, que aposta pola innovación para mellorar a súa produtividade, aumentar a súa competitividade e sustentabilidade, desenvolver novos produtos e servizos, expandirse a novos mercados e incrementar a súa intensidade innovadora co apoio da tecnoloxía.Con esta nova resolución, 34 empresas poderán mellorar ou adaptar os seus procesos e a súa organización para ser máis eficientes, integrar tecnoloxías ou introducir novos produtos e servizos no mercado. Entre as beneficiarias figuran empresas do sector forestal e madeira, maquinaria para a industria da pesca, alimentación, sector servizos ou TIC, entre outras. En canto a tamaño, o 44,1% son microempresas, un 35,3% pequenas e un 20,6% medianas. Por provincias, a maioría das beneficiarias desenvolven os seus plans de innovación na Coruña (44,1%) e Pontevedra (29,4%), seguida de Ourense (14,7%) e Lugo (11,8%). Destaca que 19 destes plans se desenvolverán en concellos emprendedores.Ademais, a execución destes plans suporá 25 novas contratacións de persoal (un 76% mulleres) e implica a 121 persoas. Cómpre subliñar a colaboración con empresas tecnolóxicas ou organismos de investigación por importe de preto dun 1M? a través da subcontratación dos seus servizos, como no caso de INTEGASA que colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento do seu plan de innovación.Desde a súa posta en marcha, esta liña de axudas permitiu impulsar 262 plans cun investimento de preto de 20M? mobilizando máis de 39M?. Nestas iniciativas empresariais teñen participado 1.220 persoas, das que 220 foron novas contratacións, e das que máis da metade foron mulleres ou persoas con diversidade funcional. Ademais, estes programas teñen favorecido a colaboración entre axentes de coñecemento de Galicia a través de máis de 350 subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación galegos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN