Xunta de Galicia

A Xunta destina máis dun millón de euros á mellora de camiños rurais nos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A Xunta destina máis dun millón de euros á mellora de camiños rurais nos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Monfero o Camiño do Regueiro–Canedo, en Val de Xestoso, acondicionado cunha achega de máis de 84.500 euros do Plan de mellora de camiños rurais 2023–2024

Aneiros destacou que o fortalecemento das infraestruturas viarias permite mellorar as condicións de vida e traballo no ámbito rural que é o obxectivo deste plan da Consellería do Medio Rural

A Xunta destina este ano máis dun millón de euros a 18 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para actuacións realizadas ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais, coñecido como Plan Marco. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou do mesmo durante unha visita ao Concello de Monfero, onde supervisou os traballos de acondicionamento da capa de rodadura acometidos no Camiño do Regueiro–Canedo, en Val de Xestoso, a través dunha achega de máis de 84.500 euros da convocatoria 2023–2024.Acompañada do alcalde da localidade, Andrés Feal, Aneiros tamén aproveitou a visita para achegarse á parroquia de Alto Xestoso onde o Concello acometerá melloras no camiño da estrada de Graña a Muros, con cargo á subvención do período 2024–2025 (84.187 euros), concedida recentemente.Para este ano, a totalidade do orzamento do Plan Marco da Consellería do Medio Rural ascende a case 19,5 millóns de euros, o que supón a cantidade máis alta dende 2017. O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023–2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación.A delegada territorial lembrou que o obxectivo deste plan de mellora de camiños rurais é o de mellorar as condicións de vida e traballo neste entorno a través do fortalecemento das infraestruturas viarias o que facilita a accesibilidade, reforza o tecido social, incrementa a capacidade organizativa das áreas rurais e axuda a fixar poboación. Ademais apuntou que estas axudas promoven a implantación e reforzo dos servizos demandados pola poboación e o tránsito de vehículos e maquinaria, o que redunda nunha maior axilidade dos traballos agrarios e no mantemento e bo estado da propia maquinaria.Durante o período 20216–2024, o Plan Marco contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo o acondicionamento de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais en toda a Comunidade autónoma.En cada convocatoria do Plan, repártense entre os concellos galegos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

A Capela52.628,00 ?0,00 ?52.628,00 ?Ares37.317,54 ?0,00 ?37.317,54 ?As Pontes de García Rodríguez70.880,00 ?0,00 ?70.880,00 ?As Somozas58.116,00 ?0,00 ?58.116,00 ?Cabanas39.677,99 ?10.000,00 ?49.677,99 ?Cariño50.532,00 ?0,00 ?50.532,00 ?Cedeira64.174,00 ?0,00 ?64.174,00 ?Cerdido39.920,73 ?0,00 ?39.920,73 ?Fene45.878,00 ?0,00 ?45.878,00 ?Mañón59.245,00 ?10.000,00 ?69.245,00 ?Moeche55.212,97 ?0,00 ?55.212,97 ?Monfero84.187,00 ?0,00 ?84.187,00 ?Narón51.923,00 ?0,00 ?51.923,00 ?Neda41.151,07 ?0,00 ?41.151,07 ?Ortigueira113.880,00 ?10.000,00 ?123.880,00 ?Pontedeume40.541,05 ?10.000,00 ?50.541,05 ?San Sadurniño73.237,96 ?10.000,00 ?83.237,96 ?Valdoviño54.220,67 ?0,00 ?54.220,67 ?

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN