Xunta de Galicia

A Xunta destina máis de 5M? para a creación e mellora de viveiros industriais nos parques empresariais de Galicia

A Xunta destina máis de 5M€ para a creación e mellora de viveiros industriais nos parques empresariais de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, visitou hoxe un viveiro industrial en Dozón

As axudas permiten a creación de viveiros e tamén levar a cabo actuacións de reforma ou de dotación de equipamentos e infraestruturas para optimizar a utilización dos xa existentes

A Xunta destinou desde 2016 máis de 5M? para a creación e mellora de viveiros industriais nos parques empresariais de Galicia. Así o explicou hoxe o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, durante a visita a un viveiro industrial de Dozón, único concello de Galicia que conta con dous recursos deste tipo.Vázquez explicou que a través destas axudas, que na convocatoria deste ano 2024 estivo dotada con 1,5M?, o Goberno galego apoia a creación de novos viveiros e a mellora daqueles que xa están operativos en Galicia a través de actuacións de reforma ou de dotación de equipamentos e infraestruturas. Trátase de xerar as condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e consolidación de empresas nas súas primeiras etapas.O pasado mes de xaneiro, a Xunta convocou este paquete de axudas para a creación e mellora de viveiros nos parques empresariais galegos que como novidade incluía unha liña para optimizar a utilización dos viveiros que están operativos, de tal xeito que se apoia a súa mellora.Ademais, introducíronse outras novidades como, por exemplo, a ampliación ata os 48 meses no período de acollemento dos negocios; ou a flexibilización dos requisitos de entrada coa posibilidade de incorporación doutras empresas non industriais que xustifiquen a súa relación dentro da cadea de valor dunha actividade industrial.A intensidade da axuda na convocatoria foi do 80% do investimento elixible, cun máximo de 240.000? no caso da creación de viveiros e de 75.000? para a realización de melloras. Os beneficiarios poden recibir anticipos de ata un 25 % da axuda concedida.Un total de seis concellos beneficiáronse xa da nova liña de axudas da Xunta destinada á mellora de viveiros industriais nos parques empresariais galegos por un importe total de 350.000?. Son os municipios de O Carballiño, As Somozas, A Veiga, Vilamarín, Bóveda e A Lama.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN