Xunta de Galicia

A Xunta destinou preto de 300.000 euros á mellora das infraestruturas rurais de Castroverde

A Xunta destinou preto de 300.000 euros á mellora das infraestruturas rurais de Castroverde

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, participou na inauguración do acondicionamento e ampliación do Centro Multiusos e visitou tamén a reforma realizada na oficina rural desta localidade luguesa

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, destacou hoxe o investimento da Xunta na mellora das infraestruturas rurais de Castroverde. Neste concello lugués, Atán participou na inauguración do acondicionamento e ampliación do Centro Multiusos e visitou tamén a oficina rural da localidade.En relación co Multiusos, esta edificación recibiu unha axuda Leader de 200.000 euros, a través do GDR 4 ADR Comarca de Lugo e xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que permitiu dotala cun amplo local de máis de 200 m² de superficie útil. Este espazo está pensado para acoller numerosos actos de carácter sociocultural que ata o de agora non tiñan un lugar adecuado para celebrarse.Ademais, os traballos serviron tamén para acondicionar outros locais para asociacións, así como unha biblioteca municipal, unha sala de lectura e diversos almacéns de apoio. A maiores, instaláronse tamén uns aseos e un ascensor que comunica as dúas plantas do edificio.Con respecto á oficina rural, Jorge Atán subliñou o investimento realizado pola Consellería para o seu acondicionamento xeral, que superou os 96.000 euros. Con este orzamento, realizáronse traballos de pintura en paredes e teitos, mellora térmica e da iluminación, reparación da carpintería interior e dotación dun posto de videoconferencia e de almacén.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín