Xunta de Galicia

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a catro agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca do Salnés e Ullán

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a catro agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca do Salnés e Ullán

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

As agrupacións de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira e Valga contan agora con novo material

O delegado territorial, Agustín Reguera, acompañou ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na entrega realizada na Academia Galega de Seguridade Pública

En toda a Área Territorial a Xunta entregou dous remolques e tres tendas de campaña para a atención ás emerxencias, así como tres kits de ferramentas eléctricas, outros sete de material loxístico para a seguridade viaria e dous de material para actuacións no medio acuático

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañou esta semana ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, no acto de entrega de diverso equipamento de emerxencias a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos ou mancomunidades, entre elas catro da comarca do Salnés e Ullán e 17 pertencentes a concellos da área territorial de Pontevedra.Trátase de dous remolques, que foron entregados ás agrupacións de Vila de Cruces e Dozón; tres tendas de campaña para a atención ás emerxencias para Tui, Catoira e Vilaboa; tres ferramentas eléctricas para Vilagarcía de Arousa, Poio e Lalín; sete kits de material loxístico para a seguridade viaria para Vilanova de Arousa, Valga, O Rosal, Ponteareas, Mondaríz (Oitavén–Tea), Cuntis e Cerdedo–Cotobade; e dous de material para actuacións no medio acuático para Tomiño e Marín. En total máis de 87.000 euros investidos en dotar das mellores ferramentas ás distintas agrupacións.No acto, desenvolvido na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) participaron tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, así como representantes dos concellos e das AVPC que recibiron as dotacións. Os remolques entregados contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Por último, o kit de material para actuacións no medio acuático consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios.O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña, 9 da de Lugo, 28 da de Ourense e 24 da de Pontevedra. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.Reguera aproveitou a ocasión para poñer en valor “o importante traballo que levan a cabo estes voluntarios e voluntarias en moitos concellos, ata o punto de tornarse un equipo imprescindible de apoio ás autoridades, non só en caso de emerxencia, senón tamén en eventos cunha gran asistencia”. Pola súa banda, o conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local –dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación–. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.Diego Calvo destacou a importancia do labor das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, non só como servizo de emerxencias local, senón tamén como rede que actúa en todo o territorio. Só en 2023 estes colectivos participaron en máis de 48.000 operativos no conxunto de Galicia. Referiuse tamén á importancia da formación dos membros destas agrupacións, que ao longo do último ano dispuxeron de case un cento de cursos na Academia Galega de Seguridade Pública específicos para a súa preparación. As accións formativas sumaron preto de 2.000 participantes.Neste marco de apoio aos servizos de emerxencias locais, no que vai de ano a Xunta tamén entregou diversas dotacións a catro Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Así, os GES de Mos e A Guarda recibiron senllos furgón de servizos varios, e os de Brión, Monterroso e Maceda cadansúa bomba rural pesada. Este equipamento supuxo un investimento de case 900.000 euros. O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN