Xunta de Galicia

A Xunta felicita a Nova Galega de Danza polo seu proxecto 'Dique' que permite dar visibilidade ás mulleres da nosa historia

A Xunta felicita a Nova Galega de Danza polo seu proxecto ‘Dique’ que permite dar visibilidade ás mulleres da nosa historia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A obra pechará o círculo de actuacións o vindeiro 25 de agosto no propio Dique da Campá de Ferrol

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá en Ferrol na presentación do espectáculo ‘Dique’ de Nova Galega de Danza e coproducido pola Xunta de Galicia. Durante a súa intervención, felicitou a esta compañía polo proxecto que permite dar visibilidade ás mulleres que participaron na obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España no Dique da Campá ferrolán.A directora xeral sinalou que, logo da estrea o pasado mes de xuño na cidade de Santiago, esta obra pecha o círculo do mellor xeito posible: na cidade de Ferrol. De feito, o vindeiro 25 de agosto celebrarase unha derradeira actuación no propio Dique da Campá que protagoniza a historia. Neste sentido, animou ás ferrolás e ferroláns a achegarse a velo e desfrutar dun espectáculo único, conformado por un equipo de mulleres referentes e que representa un “claro exemplo de feminismo en movemento”.A Xunta de Galicia colabora co concello de Ferrol para achegar esta iniciativa a súa cidade de orixe. Na rolda de prensa a directora xeral estivo acompañada do alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela; do director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz; do axudante maior do Arsenal Militar de Ferrol, Miguel López Reig; e do concelleiro delegado Marca Ferrol, Arán López Martínez.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN