Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia adxudica por 158.000 euros as obras de dragaxe para recuperacion de calado no peirao de Camelle, en Camariñas

A Xunta de Galicia adxudica por 158.000 euros as obras de dragaxe para recuperacion de calado no peirao de Camelle, en Camariñas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro do Mar visitou a zona na que se extraerá o material que será empregado para a rexeneración da praia da localidade dada a súa calidade ambiental

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de adxudicar as obras de dragaxe do porto de Camelle, no municipio coruñés de Camariñas. Así o comunicou esta mañá o conselleiro do Mar, Alfonso Villares nunha visita á zona acompañado polo presidente do ente público, José Antonio Álvarez, na que informou de que o orzamento de adxudicación dos traballos é de 158.000 euros, IVE incluído.Villares explicou que as obras previstas consisten na extracción dos áridos do fondo mariño para a recuperación de calado ata a cota –2. Actuarase nunha superfície de 7.500 metros cadrados fronte á liña de atraque do peirao para mellorar as condicións de operatividade do porto e as zonas de manobra dos buques. En concreto, na zona de atracada dragarase area entre as cotas –1 e –2 debido á existencia de rocha, mentres que no resto da zona portuaria a retirada de áridos acadará a cota –2.Ademais, o conselleiro reseñou que, dada a súa calidade e caracterísiticas, o material que se extraerá é compatible coas características dos áridos da praia de Camelle polo que se aportará a dito areal. Para elo empregaranse dous procedementos de dragaxe en función das zonas. Na zona máis próxima ao peirao e a rampla de varada, a maquinaria de extración cargará o material en camión para posteriormente depositalo na praia, mentres que no resto da dársena o material extraerase por succión e será impulsado directamente sobre o areal nas zonas indicadas.Durante a súa visita a Camelle o conselleiro do Mar trasladou que, pese a que xa se ten asinado o contrato para a execución das obras, o inicio posponse ata a finalización da temporada de verán para evitar que a maquinaria de extracción e depósito dos áridos interfira cos bañistas na praia de Camelle. Unha vez iniciados os traballos, o prazo de execución previsto é de 3 meses.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

10:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN