Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia avanza na súa colaboración cos concellos de Valga e Moraña para garantir a xeración de emprego e riqueza

A Xunta de Galicia avanza na súa colaboración cos concellos de Valga e Moraña para garantir a xeración de emprego e riqueza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

No encontro tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo González, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado

Tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego que se lles veñen de adxudicar no eido forestal e da construción ou o programa Aprol Rural que permitiu contratar neses municipios media ducia de persoas para a prevención de incendios forestais

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, vén de manter un encontro cos alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello e José Luis Gómez respectivamente, co gallo de avanzar na colaboración entre a Xunta e estes dous concellos pontevedreses. Nese senso, abordáronse ferramentas como os obradoiros de emprego ou o programa Aprol Rural.No primeiro caso, cabe destacar o apoio da Xunta de Galicia ao obradoiro dual

compartido entre os concellos de Valga, Moraña e Portas e que vén de recibir unha axuda de preto de 412.000 euros no marco da convocatoria deste ano. Unha acción cunha vintena de persoas participantes que recibirán formación ao tempo que desempeñan un traballo remunerado e que se centrará en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e, por outra banda, en traballos de carpintaría e moble, aplicacións de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble e mecanizado de madeira e derivados.A maiores, vénselle de conceder a estes mesmos tres concellos o obradoiro de emprego para menores de 30 anos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil

, cunha achega próxima aos 439.000 euros. Centrado en traballos forestais e albanelería, redundará –ao tempo que se incide na formación e capacitación das 16 persoas participantes– na mellora das infraestruturas e servizos locais.No encontro tratáronse outras vías de colaboración entre Xunta e os concellos de Valga e Moraña para avanzar na xeración de emprego, como o programa Aprol Rural que –cunha achega autonómica total próxima aos 97.000 euros– permitiu a contratación este ano de media ducia de persoas neses municipios co gallo de levar a cabo tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias. En concreto, tres persoas en cada unha das localidades están a realizar traballos de planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.A maiores, cómpre engadir outros apoios como o orientador laboral subvencionado no Concello de Valga tras a solicitude do consistorio, para atender e incrementar as oportunidades profesionais das persoas desempregadas desa contorna.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN