Xunta de Galicia

A Xunta impulsa as entidades da economía social como motor de crecemento sustentable con apoios de 2,7 M?

A Xunta impulsa as entidades da economía social como motor de crecemento sustentable con apoios de 2,7 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou as instalacións da sociedade cooperativa Piensos Alborés, beneficiaria do Bono consolida economía social

A convocatoria, dotada cun orzamento de 2,7 millóns de euros, busca impulsar a actividade económica destas fórmulas de negocio, incrementando a súa competitividade e mantendo empregos de calidade

O Goberno autonómico ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da economía social coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe as instalacións da sociedade cooperativa Piensos Alborés, adicada á fabricación e distribución de pensos para a alimentación animal e beneficiaria do Bono consolida economía social en 2024 cun apoio de 30.000 euros.Esta liña de axudas, dirixida especificamente a sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, ten como obxectivo prioritario apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética.Alí, Marta Mariño lembrou que, con estes apoios, dotados cun orzamento total de 2,7 millóns de euros, a Administración autonómica quere contribuír ao impulso da actividade económica destas fórmulas de negocio como motor de crecemento sustentable, incrementando a súa competitividade e mantendo empregos de calidade.Ademais, remarcou que a Xunta de Galicia ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da economía social, unha planificación con horizonte 2027 e un orzamento de 174 millóns de euros coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. O documento, que se desenvolve de xeito transversal en colaboración cos distintos departamentos autonómicos, aspira a mellorar as competencias das persoas e as capacidades das entidades dentro da economía social, para enfrontar os retos do novo contexto socioeconómico e para consolidar o seu crecemento continuo en Galicia. A directora xeral tamén salientou a importancia do proceso de escoita activa que se está a levar a cabo con todos os axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas, un novo marco legal para flexibilizar e facilitar a creación de novas entidades e axudar a que as existentes avancen na súa profesionalización e dixitalización.A través desta convocatoria, beneficiaranse entidades de economía social, inscritas nos rexistros administrativos de Galicia e que contan cunha antigüidade mínima de 42 meses.Con apoios de ata 30.000 euros por entidade, o Bono consolida economía social permite financiar o 90% dos investimentos –realizados entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024– en equipamento informático, desenvolvemento de

, plans de protección de datos, eficiencia enerxética ou de marketing ou imaxe corporativa.No marco destas axudas, a Administración autonómica tamén concede ata 600 euros para actividades formativas dirixidas aos socios das entidades afiliados ao réxime de traballo autónomo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN