Xunta de Galicia

A Xunta impulsa a prestación de servizos de márketing e comunicación a unha trintena de proxectos da Rede de polos de emprendemento

A Xunta impulsa a prestación de servizos de márketing e comunicación a unha trintena de proxectos da Rede de polos de emprendemento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O programa Alento, froito da colaboración do Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia, apoiará a novos negocios para acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos

Todos os proxectos beneficiados pertencen á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que xa conta 14 centros abertos en todo o territorio

Empresas e profesionais vencellados ao Clúster ofrecerán aos emprendedores un amplo catálogo de servizos, en áreas como a imaxe corporativa, o márketing dixital, a investigación de mercados ou a impresión publicitaria, entre outros

A Xunta impulsa, no marco do programa

–froito do convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster da Comunicación de Galicia– a prestación de servizos en materia de márketing e comunicación a unha trintena de iniciativas da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.Cun orzamento de 120.000 euros, o programa

está integrado nas actividades do futuro Centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego de Galicia e busca impulsar novos negocios emprendedores, que contribúan á competitividade e á xeración de emprego.As iniciativas seleccionadas foron escollidas atendendo a diferentes criterios, como a viabilidade, a transferencia de coñecemento, a innovación ou o impacto económico. Tamén se analizaron cuestións relativas ao perfil das persoas emprendedoras que os impulsan, como a súa formación, experiencia profesional ou coñecementos técnicos do proxecto.O programa ofreceralles acompañamento nos procesos de xestión de saída ao mercado, conexión co seu público obxectivo e creación de marcas que aporten valor aos seus clientes, potenciando así a xeración de empresas máis fortes e sustentables. Ademais, ao estar enmarcado na Rede de polos, as persoas emprendedoras participantes en

tamén teñen a oportunidade entrar en contacto con outros novos empresarios para favorecer sinerxías e fomentar a colaboración.Os beneficiarios da convocatoria poden acceder de xeito gratuíto e segundo as súas necesidades a un dos 10 servizos de márketing e comunicación que ofrece o programa, cuxo valor oscila entre os 2.000 e os 4.500 euros. O obxectivo é capacitar á comunidade emprendedora ante os novos retos do mercado, dotándoa dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas de xestión.Estes servizos serán realizados por profesionais dun total de 29 empresas vencelladas ao Clúster da Comunicación de Galicia, facilitando aos emprendedores un catálogo que abrangue áreas como a imaxe corporativa, o deseño e desenvolvemento web, o

, o márketing dixital, o desenvolvemento de gráficas publicitarias, a investigación de mercados, as accións relacionadas coa estratexia de comunicación para pemes, o vídeo márketing e a impresión publicitaria.A finalidade é que, a través destes campos, os proxectos poidan explorar novas canles de comercialización, potenciar o valor percibido dos seus produtos e servizos e mellorar na promoción en xeral dos mesmos, co fin de conseguir unha oferta diferenciada e rendible.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN