Xunta de Galicia

A Xunta impulsa un programa de cursos formativos en prevención de riscos laborais no sector forestal

A Xunta impulsa un programa de cursos formativos en prevención de riscos laborais no sector forestal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nas vindeiras semanas unha programación específica en diferentes concellos centrada no manexo da motoserra e a rozadoira

A actividade forestal é unha das prioridades do Issga tanto pola súa importancia no tecido produtivo galego como pola perigosidade asociada a estes postos de traballo

O obxectivo destes cursos é fomentar a adquisición de habilidades no uso da maquinaria forestal e avanzar nunha cultura preventiva que permita diminuír os accidentes laborais neste sector

A formación compleméntase coa dinamización de campañas informativas relacionadas coa tala e roza no monte ou coa planificación dos traballos de aproveitamento forestal en zonas perigosas

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ten en marcha unha programación de

de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e a rozadoira que, tras iniciarse na Estrada (Pontevedra), se desenvolverá nas vindeiras semanas nos concellos de As Somozas e Curtis, na provincia da Coruña; Baralla e Alfoz, na lucense; e Xinzo de Limia, en Ourense.Estes cursos –dirixidos a persoas traballadoras e profesionais do sector e que precisan de inscrición previa– encádranse no programa específico do Issga dirixido a proporcionar unha formación en materia de prevención dos riscos laborais específica para o sector forestal e as actividades de silvicultura coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia e avanzar nunha cultura preventiva que permita diminuír os accidentes laborais no sector.Trátase dunha formación eminentemente práctica con 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas e cun máximo de 15 alumnos/as para garantir as condicións de seguridade e de distancia interpersoal. Nas diferentes sesións abórdanse aspectos como a seguridade e a saúde no traballo, a prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal, os equipos de protección individual, a planificación dos traballos de aproveitamento, os primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente e as prácticas de manexo seguro tanto da motoserra como da rozadoira.A documentación técnica foi elaborada polo grupo de traballo forestal do Issga –conformado tanto por persoal técnico da entidade como por representantes da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga), da Asociación provincial de empresarios da 1ª transformación da madeira de Lugo (LugoMadera) e das empresas Ence e Finsa– e deseñada tendo en conta a singularidade das tarefas e do colectivo profesional. Ademais, o persoal docente dos cursos conta cunha ampla experiencia no ámbito da prevención de riscos laborais e, en particular, no sector forestal.As medidas preventivas que se explican son sinxelas, con indicacións claras, e pretenden adaptarse á realidade e ao día a día destes traballos para lograr a plena integración da prevención en todas as tarefas, procesos e actividades. Ademais, ofrécense pautas relativas á vespa velutina ou á aplicación do protocolo PAS en caso de accidente en parcelas illadas do monte.A Xunta de Galicia vén marcando o sector primario e en particular, o forestal –pola súa importancia estratéxica no tecido produtivo– como un campo de actuación prioritaria para seguir avanzando no eido do estudo e investigación de accidentes, o asesoramento técnico a empresas, a prevención de riscos laborais, a elaboración de documentación técnica e a realización de diversas actividades formativas e informativas.Neste contexto, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) complementa as actividades de formación coa dinamización de campañas informativas de carácter preventivo co obxectivo de fomentar a concienciación de todo o sector sobre a perigosidade asociada a estes postos de traballo. Entre elas, salienta a orientada á

ou a relacionada coa

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN