Xunta de Galicia
A Xunta impulsa un programa de cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nos meses de setembro, outubro e novembro unha programación específica en diferentes concellos das catro provincias galegas
Nos cursos, que constan de 16 horas de formación teórica–práctica repartidas en catro xornadas, terán prioridade as persoas con vinculación laboral ou formación na materia
O programa contempla os principais riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas con dependencia, así como as correspondentes recomendacións preventivas para eliminalos ou reducilos
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ten en marcha unha programación de
de prevención de riscos laborais dirixidos a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar. Tras iniciarse en Quiroga, as formacións seguiranse desenvolvendo nos meses de setembro, outubro e novembro en diferentes concellos das catro provincias galegas. En concreto, están previstos en Ribeira e Arzúa (A Coruña); Viveiro (Lugo); A Merca e A Peroxa (Ourense); e Soutomaior e Crecente (Pontevedra).Estas accións formativas enmárcanse no Plan de actuación do Issga para o ano 2024, dentro do eixo de actividades para a promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade. Ademais, as particularidades que presenta este colectivo, como o feito de desenvolverse principalmente por mulleres e realizarse no domicilio particular da propia persoa a coidar, esixen o desenvolvemento de actuacións específicas co fin de promover, fomentar e mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral destas traballadoras, especialmente no referido á prevención de trastornos musculoesqueléticos (TME).Ofrecer alternativas ao levantamento manual dos usuarios, en termos de axudas técnicas, formación e adecuación de espazos, é un dos obxectivos máis importantes dunha actuación ergonómica coa persoas dependentes e constitúe un dos piares en todo programa de prevención dos TME.Os talleres programados –nos que terán preferencia as persoas con vinculación laboral ou formación na materia– son gratuítos e constan de 16 horas teórico–prácticas repartidas en 4 xornadas co obxectivo de promover o coñecemento para un traballo seguro tanto na atención directa de persoas con dependencia como para os traballadores de axuda a domicilio, polo que non só repercutirán no seu traballo senón tamén no benestar da persoa que recibe a atención.A documentación técnica utilizada nestas actividades foi elaborada polo Issga e recolle os principais riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas con dependencia así como as correspondentes recomendacións preventivas para eliminalos ou reducilos, fomentando as boas prácticas e a implantación de medidas preventivas eficaces para facer prevención e evitar danos para a saúde. Máis información e inscricións:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando