Xunta de Galicia

A Xunta iniciará o luns as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor

A Xunta iniciará o luns as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Comeza a campaña de mellora de firmes na autoestrada AG–57 Vigo–Baiona, incluíndo o ramal AG–57N a Nigrán, e prolongaranse ata a semana do 5 de agosto

Para minimizar o impacto na circulación, é necesario o corte con desvíos alternativos do tráfico por tramos de actuación en horario nocturno, das 22:00 ás 06:00hs, e restrinxirase a circulación en festivos e días de operacións especiais de tráfico

Os traballos comezarán o luns día 15 nos ramais de Sabarís, A Ramallosa e VG–20. Tamén se actuará no tronco da autovía no punto 19+500, mantendo o tráfico polo carril libre

As obras de reforzo do firme na autoestrada autonómica AG–57, Vigo–Baiona, incluíndo o ramal a Nigrán, AG–57N, iniciaranse este vindeiro luns e prolongaranse ata a semana do 5 de agosto, se as condicións climatolóxicas así o permiten.Co obxectivo de minimizar o impacto no tráfico, todos os cortes necesarios neste período se programaron en horario nocturno, entre as 22:00 e as 06:00 horas. As obras coinciden con varios días festivos e días de operacións especiais de tráfico, nos que se restrinxirá a actividade para que non supoña unha excesiva afección. Comezan así os traballos de conservación e mellora de firme nesta autoestrada autonómica do Val Miñor. O obxectivo destas intervencións é garantir a calidade, seguridade e durabilidade do pavimento. Nestas obras de mellora de firme da autoestrada combinaranse varios tipos de traballos para conseguir un resultado axeitado. Por un lado, realizarase un estendido de mesturas bituminosas en frío en distintos tramos da AG–57N, para a rehabilitación superficial e mellora da durabilidade.Ademais, acometerase tamén traballos de rehabilitación estrutural, que será de tipo fresado e se executará en base aos resultados das inspeccións realizadas sobre o esta do firme.Por outra banda, executarase o selado de gretas, establecendo unha ponte estanca entre os seus bordos máis unha cobertura de árido fino en distintas localizacións ao longo da autoestrada.A campaña, que conta cun orzamento estimado de 250.000 euros, enmárcase nos traballos de conservación e mellora do firme que forman parte do contrato da Xunta coa concesionaria. Esta intervención permitirán a mellora das características superficiais en 17.150 m2, na AG–57, e actuacións de mellora estrutural en 9.262,8 m2.NOITE LUNS 15 A MARTES 16: Ramal SaÍda Decrecente de Sabarís (PK 5). Corte.Ramal SaÍda Crecente de Sabarís (PK 5). Corte.Ramal Entrada Crecente de Sabarís (PK 5). Corte.Ramal SaÍda Crecente Ramallosa (PK 9). Corte de arcén con estreitamento. NOITE MARTES 16 A MÉRCORES 17:Ramal SaÍda Crecente de Sabarís (PK 5). Corte. So en caso de que non se puidera executar a noite do 15 ao 16.Ramal Entrada Decrecente Ramallosa (PK 9). Corte.Ramal SaÍda Crecente Ramallosa (PK 9). Corte.Ramal Entrada Decrecente Nigrán (PK 10). Coincide co ramal de saída decrecente (RSD) 1N. Corte total. NOITE MÉRCORES 17 A XOVES 18:Ramal Entrada Decrecente Nigrán (PK 10). Coincide con el RSD 1N. Corte. So en caso de que non se puidera executar a noite do 16 ao 17.Ramal SaÍda Decrecente Vincios (PK 17). Corte de arcén con estreitamento.Ramal Entrada Crecente Gondomar (PK 11). Corte de arcén con estreitamento.Ramal SaÍda Crecente con VG–20 (PK 22). Corte. NOITE XOVES 18 A VENRES 19:Ramal Crecente con VG–20 (PK 22). Corte. So en caso de que non se puidera executar a noite do 17 ao 18.Actuacións en tronco: 19+500 DEC, 2+500N DEC, 3+000N DEC y 3+000N CRE. Corte de carril, mantendo o tráfico polo outro. Todos os cortes de ramais contarán cun desvío alternativo debidamente sinalizado.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín