Xunta de Galicia

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os traballos incluíron a substitución da sinalización vertical

A reparación do firme permitiu mellorar a seguridade e comodidade dos centos de condutores e condutoras que utilizan a vía a diario

Reguera destacou o compromiso da Xunta co mantemento da extensa rede de estradas autonómicas

O delegado aproveitou a visita para anunciar que a Xunta contempla a proxección dunha senda peonil nesta vía

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de rehabilitación do firme da PO– 254 á altura de Ponteareas.Trátase dunha actuación que contou cun investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 1,4 millóns de euros e que comprende 9,3 quilómetros de vía nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz–Balneario.As actuacións, que se centraron no inicio da estrada na glorieta de Ponteareas e o pq 9+341 situado en Mondariz, consistiron no fresado do pavimento e a reposición dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.Cabe destacar que a actuación tamén incluíu a substitución da sinalización vertical.O delegado territorial asegurou que “este importante investimento permitiu mellorar a seguridade e a comodidade dos centos de condutores e condutoras que cada día pasan por esta vía”. Neste sentido, Reguera lembrou o compromiso da Xunta co “mantemento da extensa rede de estradas autonómicas”.A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa traballando na conservación das estradas autonómicas, a través do Plan de reforzos de firmes, co fin de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade en condicións eficientes.O delegado aproveitou a visita para anunciar que a Xunta contempla proxectar unha nova senda peonil que se construirá nesta mesma estrada. Trátase dunha demanda do concello no que a Xunta espera avanzar proximamente. A primeira fase da dita senda estenderase dende o pq 0+520 ata o cruce da Freixa.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín