Xunta de Galicia

A Xunta lanza un novidoso proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo a prol da defensa dos dereitos das persoas usuarias

A Xunta lanza un novidoso proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo a prol da defensa dos dereitos das persoas usuarias

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou recentemente en Santiago esta iniciativa no establecemento de Creativas Galegas, o único que contará con este sistema durante a primeira fase deste proxecto

A través del, as persoas consumidoras e usuarias poderán presentar as súas reclamacións de maneira dixital a partir dun código QR vencellado ao establecemento

Gabriel Alén destacou que este sistema dota de simplicidade, axilidade e eficacia o proceso de reclamación e puxo en o compromiso de Creativas Galegas coa calidade e a procura da satisfacción das persoas consumidoras

O Goberno galego pon en marcha un proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo co obxectivo de axilizar este proceso e garantir a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, e pola presidenta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, Rosa Celia Otero, presentaron recentemente esta iniciativa no local de Creativas Galegas, en Santiago de Compostela.Alí o director xeral explicou que este establecemento é o único que contará con este sistema durante a primeira fase do proxecto piloto, que se prevé estender progresivamente a outros negocios de Galicia. Nesta liña, puxo de relevo a importancia desta iniciativa, xa que dota de simplicidade, axilidade e eficacia o proceso de reclamación en materia de consumo garantindo a defensa das consumidoras e consumidores e ofrecendo ás empresas unha ferramenta áxil de comunicación cos seus clientes.Ademais, agradeceu a colaboración e implicación do establecemento santiagués e destacou o seu compromiso coa calidade, o bo facer e a procura da satisfacción das persoas consumidoras e usuarias.A través deste sistema, estas persoas poderán presentar as súas reclamacións de maneira dixital a partir do escaneo dun código QR que as dirixirá a un formulario virtual no que cumprimentar os seus datos persoais e o motivo da súa reclamación, que será remitida de maneira electrónica á empresa.De forma automática, recibirán un correo electrónico de constancia dando conta do día e a hora da presentación da súa reclamación ante o establecemento e indicándolles que se abre un prazo dun mes para que a empresa lles remita contestación por calquera medio que permita a súa constancia.Transcorrido o prazo dun mes sen obter resposta ou de ser esta insatisfactoria, a persoa consumidora poderá dirixirse directamente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e presentar unha nova reclamación a través dun enlace que xa se inclúe no propio correo e que recolle os datos cubertos na súa primeira reclamación ante a empresa.Así mesmo, Gabriel Alén lembrou que para calquera dúbida en materia de consumo, a cidadanía ten á súa disposición o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que conta con oficinas de atención presencial nas sete principais cidades galegas, así como o teléfono gratuíto 900 23 11 23, que funciona de 9,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 19,00 horas de luns a venres para ofrecer información e asesoramento en materia de consumo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN