Xunta de Galicia

A Xunta lanza unha campaña de farmacovixilancia para impulsar a colaboración da cidadanía na identificación de efectos adversos dos medicamentos

A Xunta lanza unha campaña de farmacovixilancia para impulsar a colaboración da cidadanía na identificación de efectos adversos dos medicamentos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Divulgaranse vídeos e infografías en centros de saúde e oficinas de farmacia para que a cidadanía coñeza como proceder para notificarlle á Administración unha reacción adversa a un fármaco

A farmacovixilancia encárgase de identificar, cuantificar, avaliar e previr os riscos derivados do uso dos medicamentos autorizados

Derivado da pandemia da covid–19, no ano 2021 houbo unha sensibilización especial con estas notificacións de reaccións adversas, incrementándose nun 269 %

A Subdirección Xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde vén de pór en marcha a iniciativa

unha nova campaña informativa que, impulsada polo Centro de Farmacovixilancia de Galicia en colaboración coa Escola de Saúde para os Cidadáns, ten por obxecto fomentar a colaboración da poboación na notificación de posibles efectos adversos nos medicamentos.A campaña será difundida en centros de saúde e oficinas de farmacia con diferentes

e infografías que procuran facilitar como se debe proceder no caso de sospeitar dunha reacción adversa nun medicamento.A web

contén o formulario para trasladar unha notificación deste tipo á Administración sanitaria. Búscase tamén mellorar a calidade das notificacións que recibe a Administración sobre os fármacos comercializados na comunidade galega.As principais funcións da Farmacovixilancia son identificar, cuantificar, avaliar e previr os riscos derivados do uso dos medicamentos autorizados. Ademais, o seu principal obxectivo é detectar reaccións adversas e interaccións descoñecidas. Un medicamento comercialízase establecendo unha relación beneficio/risco axeitado.Non obstante, para coñecer o perfil de seguridade dun medicamento é preciso facer un seguimento continuo e coidadoso durante toda a súa vida. Isto permite identificar os efectos adversos non detectados ata ese momento, minimizar os riscos asociados ao seu uso, e garantir a seguridade dos pacientes.Con esta iniciativa, o Centro de Farmacovixilancia do Servizo Galego de Saúde busca implicar á cidadanía e aos profesionais sanitarios na mellora da seguridade dos medicamentos.No ano 2021, derivado da pandemia da covid–19, houbo unha sensibilización especial coas notificacións de reaccións adversas aos medicamentos, incrementándose un 269% o número de notificacións, respecto do ano anterior.En 2023, acadouse un número de notificacións semellante ás rexistradas antes da pandemia, polo que estas notificacións axudan a mellorar a seguridade dos medicamentos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN