Xunta de Galicia

A Xunta lanza unha campaña para concienciar a cidadanía da importancia de coidar o patrimonio

A Xunta lanza unha campaña para concienciar a cidadanía da importancia de coidar o patrimonio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O obxectivo desta acción é fomentar a sensibilización, impulsar o coñecemento dos bens e incentivar boas prácticas e iniciativas de preservación

A acción elixe seis bens patrimoniais da Comunidade de distintas épocas, estilos e zonas para animar ao coidado colectivo dunha das maiores riquezas de Galicia

A campaña ‘Que siga contando a nosa historia’ dá continuidade a do pasado ano, ‘Por outros tantos máis’, encamiñada a difundir que a conservación destes elementos é unha tarefa compartida que require da implicación de toda a sociedade

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten destinado no último lustro máis de 55 M? a políticas de salvagarda deste recursos

A Xunta de Galicia lanza a campaña

coa que o Goberno galego busca fomentar a sensibilización cidadá sobre a importancia do coidado do patrimonio cultural da Comunidade autónoma. Deste xeito, preténdese reivindicar o inmenso valor que ten na configuración da nosa historia e identidade para as xeracións actuais e futuras.O obxectivo desta acción da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é fomentar a concienciación da cidadanía, impulsar o coñecemento sobre estes bens e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións. Para iso, a Administración autonómica elixe seis bens patrimoniais da Comunidade, entre os que se inclúe algún con máis de 400 séculos de historia, que representan a gran riqueza patrimonial de todo o territorio con exemplos de diferentes tipoloxías, estilos, épocas e zonas.En concreto, a campaña

difunde imaxes de bens como o mosteiro de Santa María de Oia e a catedral de Santa María de Tui, en Pontevedra; o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón (A Coruña); e o santuario das Ermidas no Bolo (Ourense). De igual xeito, tamén se difunde a relevancia para o noso patrimonio da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo) e do campamento romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes (A Coruña).Deste xeito, o departamento que dirixe José López Campos procura trasladarlle á cidadanía un recordatorio dos anos e séculos que levan estes elementos entre nós axudando a construír a identidade de Galicia como pobo. Ao poñelos en valor, a campaña fai un chamamento á responsabilidade colectiva para impulsar a sensibilización e evitar comportamentos incívicos que, aínda que son illados, poden danar o noso patrimonio cultural, que conta en total con 781 Bens de Interese Cultural (BIC), así como milleiros de bens catalogados.Coa campaña

tamén se quere trasladar aos galegos e ás galegas que a conservación do patrimonio é unha tarefa compartida que require tamén dun esforzo conxunto da sociedade.Precisamente, esta campaña dá continuidade á

, que se puxo en marcha por estas datas o pasado ano, difundindo o valor e protección de bens como a Catedral de Santiago de Compostela, o Santuario de Santo Andrés de Teixido en Cedeira, a Muralla romana de Lugo ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. Aparecen tamén o Castro de Viladonga en Castro Rei, os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, os Muíños do Folón e do Picón no Rosal ou a Igrexa da Veracruz no Carballiño.Estas campañas encádranse no esforzo feito ao longo dos últimos anos para protexer, poñer en valor en divulgar o noso legado artístico e cultural como un símbolo de orgullo, identidade e riqueza para o país. Consecuentemente, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén unha política decidida a favor da salvagarda dun dos recursos con maior valor histórico, cultural, e turístico Galicia a través plans estratéxicos como o Plan Catedrais, o Plan de actuacións arqueolóxicas, o Plan de BIC do Camiño de Santiago ou o Plan Ribeira Sacra, así como diversos plans directores para bens concretos. Así o reflicten os máis de 55 M? dedicados a este fin no último lustro pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou as intervencións aprobadas no último Consello da Xunta para actuar durante 2024 e 2025 en sete igrexas cun investimento de case 850.000?. Neste caso en concreto, o obxecto é levar a cabo actuacións de protección, conservación e rehabilitación na colexiata de Santa María do Campo na Coruña e nas Igrexas de Bugallido en Ames, de Santa Cristina de Fecha en Santiago, de Santiago do Deán na Pobra do Caramiñal, de Luou en Teo, e na de San Martiño de Rodís en Cerdeda. Ademais, tamén se levará a cabo traballos de protección e reparación da Igrexa de Santalla de Rebordaos, no Saviñao (Lugo).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN