Xunta de Galicia

A Xunta licita os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos da Coruña, Ourense e Mos

A Xunta licita os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos da Coruña, Ourense e Mos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Estes contratos, licitados por 140.346 euros, son complementarios dos contratos para executar 50 vivendas na parcela Z–38, no barrio coruñés de Xuxán; a construción de 64 vivendas na praza de Cambedo de Raia, na cidade de Ourense; e a execución dun edificio para 20 vivendas no barrio de San Eluterio–Tameiga, no concello pontevedrés de Mos

As empresas interesadas nestes servizos, que se divide en tres lotes, teñen de prazo ata o vindeiro 4 de outubro para presentar as súas ofertas

O departamento que dirixe M. Allegue traballa na mellora da situación do mercado da vivenda e a Estratexia de vivenda pública e protexida co obxectivo de duplicar o parque publico ata as 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, licitou hoxe os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos de Coruña, Ourense e Mos.Estes servizos, licitados por 140.346 euros, son complementarios aos contratos de tres actuacións xa licitadas nestes municipios. En concreto, trátase da execución de 50 vivendas de promoción pública nos terreos localizados na parcela Z–38, no barrio de Xuxán, na cidade da Coruña; a construción de 64 vivendas de promoción pública na praza de Cambedo de Raia, na municipio de Ourense; e as obras de construción dun edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio–Tameiga, no concello pontevedrés de Mos.A Xunta a través destes contratos, que se divide en tres lotes, un por cada unha das obras a executar, ten como obxectivo o seguimento do control de calidade do desenvolvemento das obras ao ritmo de execución das mesmas, xa que terá a mesma duración que estas.As empresas interesadas nestes contratos teñen de prazo ata o vindeiro 4 de outubro para presentar as súas ofertas.En concreto, a Xunta destinará máis de 11M? á construción de 50 vivendas destinadas ao alugueiro na súa totalidade no caso da nova promoción pública na parcela Z–38, no barrio de Xuxán, na Coruña. Esta nova promoción emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.600 m2 e o inmoble disporá de tres plantas subterráneas, onde se sitúan os garaxes, rochos e espazos para as instalacións, e dunha planta baixa, onde se localizan os portais de acceso ás vivendas, locais comerciais e locais de instalacións comúns.No caso da construción das 64 vivendas de promoción pública na praza de Cambedo de Raia, en Ourense, a Xunta destina un investimento de 13,17 M? á execución desta futura promoción, que estará formada por 4 bloques illados, de planta baixa e 3 alturas, con aproveitamento baixo cuberta para rochos e instalacións. Contará ademais das 64 vivendas con 81 prazas de garaxe (3 delas accesibles) e 64 rochos.Os inmobles habilitaranse sobre unha parcela de algo máis de 3.000 m2 resultado da agrupación das parcelas 5, 6 e 7 da unidade de execución denominada polígono 1 do Sector Urbano SU–48 do PXOM. Estas parcelas foron previamente mercadas pola Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, á Sareb, por un importe de máis de 1 M?.As obras de construción do edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio–Tameiga, no concello de Mos, contan cun investimento de máis de 4,1M?. O futuro edificio contará cunha planta de soto, planta baixa e tres plantas altas. Das citadas 20 vivendas, unha será adaptada, e o inmoble contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos. A nova promoción pública neste municipio pontevedrés localízase na parcela 702 do polígono 52 do Barrio San Eleuterio–Tameiga.O departamento que dirixe María Martínez Allegue mantén o seu compromiso para reforzar o parque residencial de toda Galicia. Ademais, a Xunta segue avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas, e 5.000 libres.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN