Xunta de Galicia

A Xunta mellora o mapa sobre o índice de risco de incendios por concellos e previsións a tres días en base á información proporcionada por MeteoGalicia

A Xunta mellora o mapa sobre o índice de risco de incendios por concellos e previsións a tres días en base á información proporcionada por MeteoGalicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Ángeles Vázquez e María José Gómez salientan que esta iniciativa se enmarca na colaboración vixente entre ambos departamentos para favorecer a detección temperá de fenómenos meteorolóxicos adversos e así optimizar a xestión dos lumes

A maiores, un novo programa de actuación ante eventos adversos derivados do cambio climático permitirá avanzar nas alertas temperás de inundacións, vagas de calor ou risco de lumes, afondar no seu coñecemento e capacitar á cidadanía e ás administracións para responder de xeito axeitado ante estas situacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentaron hoxe os avances na colaboración conxunta entre ambos departamentos para mellorar os sistemas de detección temperá de fenómenos meteorolóxicos adversos que permitirán optimizar a xestións dos incendios forestais.Deste xeito, e segundo explicaron ambas conselleiras, o Goberno galego ofrecerá, a partir da vindeira semana, a información pública sobre o índice de risco diario de incendios (IRDI), que se actualiza diariamente, cunha predición a tres días, cando ata o de agora se facía de un só. A maiores, delimitarase por concello, establecendo o mesmo nivel de risco en todo o municipio, evitando así posibles confusións e mellorando o sistema de predición.Durante a súa visita á sede de MeteoGalicia, Ángeles Vázquez explicou que estas iniciativas se enmarcan no convenio de colaboración que ambos departamentos autonómicos desenvolven desde 2022 co obxectivo de dotar á Comunidade sistema propio de información e predición meteorolóxica para a xestión dos incendios forestais e a súa integración na aplicación da Consellería do Medio Rural (XeoCode) para que esta xestión sexa en tempo real.Pola súa banda, María José Gómez sinalou que se seguirá potenciando a información pública subministrada a través do IRDI, unha ferramenta fundamental para a planificación, recollida no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Este índice, destacou, emprégase para concretar o risco de ocorrencia dun incendio forestal, determinar as zonas de perigo, así como para axudar a tomar decisións previo ao eventual rexistro de lumes forestais.A maiores, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, este novo mapa compleméntase co novo programa de actuación ante eventos adversos derivados do cambio climático, que pretende dar resposta coa suficiente anticipación aos fenómenos meteorolóxicos que poidan afectar á saúde das persoas, como as vagas de calor, e a detección e extinción de incendios forestais.Así, no caso da xestión dos incendios forestais, fortalecerase o servizo que MeteoGalicia presta para a detección temperá destes fenómenos, poñendo en marcha un espazo web no que se aglutinará toda a información meteorolóxica útil neste eido como datos de observación e modelos preditivos. Ademais, tamén se adquirirán sensores que midan a capa límite planetaria e perfís verticais de vento, que son datos fundamentais á hora de deseñar a mellor estratexia para a extinción dun incendio forestal, sobre todo se é de grande envergadura. E, ademais, aplicaranse técnicas de intelixencia artificial para elaborar modelos de incendios que permitan ter un maior coñecemento sobre o seu comportamento.Este novo programa, que conta cun orzamento de 450.000 euros no marco do PIMA Eventos Adversos do Estado, ten como obxectivo avanzar na neutralidade climática e potenciar a mitigación, adaptación, investigación e sensibilización fronte ao cambio climático.Nesa liña, Ángeles Vázquez concluíu que o obxectivo do Goberno galego é avanzar nas alertas temperás de fenómenos derivados do cambio climático, afondar no coñecemento dos mesmos e sensibilizar e capacitar á cidadanía e ás administracións locais para responder de xeito axeitado ante estas situacións.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín