Xunta de Galicia

A Xunta reforza as festas de verán de Ferrol co apoio aos concertos de Abraham Mateo e Veintiuno

A Xunta reforza as festas de verán de Ferrol co apoio aos concertos de Abraham Mateo e Veintiuno

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participan na presentación dos concertos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron hoxe na presentación dos concertos que Turismo de Galicia apoia este ano na cidade no marco das festas de verán. Trátase do de Veintiuno, que se celebrará o 18 de agosto e do de Abraham Mateo, o 24 de agosto.Como explicou Xosé Merelles, a intención é conseguir seguir reforzando o crecente potencial turístico desta cidade durante o verán, tendo moi en conta os bos resultados que está a ter nos últimos meses. De feito, como expresou, só no mes de xuño, o número de viaxeiros incrementouse máis do 16% na cidade, cun importante peso do turismo internacional que só nese mes medrou na cidade un 8%.“Son datos que reforzan a boa tendencia que está a ter Ferrol en termos turísticos este ano, xa que no semestre o crecemento de viaxeiros foi do 45%, con máis de 78.800 turistas aloxados nos establecementos, que fixeron máis de 151.000 noites”, indicou. Fixo referencia tamén ao efecto tractor que está tendo o Camiño Inglés na cidade. É o cuarto itinerario máis transitado e está a medrar a un ritmo do 19%.Xosé Merelles puxo de manifesto, ademais, a aposta de Turismo de Galicia por seguir diversificando a oferta turística e dinamizando as cidades como no rural. Destacou “a positiva resposta” que os festivais e concertos están a ter “para atraer viaxeiros e para completar a oferta do verán galego con propostas que contribúan a diversificar de xeito atractivo nas distintas zonas de Galicia”.O director de Turismo de Galicia puxo de manifesto, ademais, o atractivo que suporá para as festas ferrolanas contar cos concertos da agrupación Veintiuno e de Abraham Mateo “ambos con numerosos seguidores e, que de seguro, contribuirán a que este verán tamén as festas de Ferrol sexan un éxito”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN