Xunta de Galicia

A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos

A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na novena edición deste encontro multidisciplinar, que se desenvolve ata o domingo na sede da Fundación Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel

Lembra que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival para favorecer o acceso universal á cultura en todo o territorio galego

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor esta mañá o “importante impacto” que teñen as actividades culturais como axentes dinamizadoras do rural. Fíxoo durante a súa participación na novena edición do Festival dos Eidos, que se está a celebrar na aldea de Parada, no municipio lucense de Folgoso do Courel, onde reivindicou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas, “que crean e fortalecen a comunidade nestas contornas”.Precisamente, lembrou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival de dinamización no rural de Galicia, “unha potente ferramenta para favorecer o acceso universal a cultura na procura de que ningunha persoa, por mor da súa residencia ou idade, quede fóra deste tipo de programación”.Deste xeito, Anxo M. Lorenzo explicou que con esta rede se vai ampliar a oferta cultural nas vilas e localidades máis pequenas de Galicia para garantir que conten cunha programación regular. Nesta liña, defendeu o apoio que o departamento de Cultura do Goberno galego está a dar a proxectos que axudan a dinamizar a economía da contorna e fixar poboación, ao mesmo tempo que promover o turismo cultural galego, como é o caso do Festival dos Eidos.Neste senso, apuntou o feito de que, un ano máis, a Fundación Uxío Novoneyra celebra este encontro multidisciplinar, que ten a poesía como fío condutor, co apoio económico da Xunta de Galicia, para desenvolver, desde o pasado venres e ata o domingo, unha programación en diferentes puntos desta aldea lucense do Courel.Ademais, salientou que, con esta colaboración, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude suma o Festival dos Eidos á axenda do

, programación que está a ofrecer durante esta época de estío uns 30 espectáculos por día en máis de 200 concellos.A IX Edición do Festival dos Eidos comezou o pasado venres, 23 de agosto, coa apertura da exposición

, de Manuel González Allere, e continuou cun acto homenaxe ao poeta Carlos Oroza. A xornada proseguiu coa presentación da

, unha antoloxía da obra poética de Antón Reixa na que participou o autor e tamén o poeta Xabier Cordal. A programación completouse co espectáculo

de Leo Matamá, e cos concertos de Dúbida e Familia Caamagno.

Xa hoxe sábado se están a celebrar rutas ornitolóxicas pola contorna da aldea de Parada, guiadas polo biólogo Xavier Vázquez Pumariño, ao que se lle suman o coloquio entre Antón Lopo e María Sánchez e o espectáculo musical e poético

, de Iria Piñeiro e Mónica Nut. Pola tarde, está previsto o recital de Luz Pichel, Isaac Xubín e Brenda Alborada xunto a André Tecedeiro. Seguiralle e o espectáculo musical

de Fran Amil. Serán o artista Iván Torres co recital

e a sesión de DJ Tristón os que clausuren a segunda xornada.Mañá domingo farase un percorrido guiado pola arquitectura tradicional da man de Xosé Allegue e continuarase coa presentación dunha nova edición de

de Uxío Novoneyra, publicado por vez primeira en 1955. O programa pecharase co espectáculo

e coa actuación do músico Sergio Canay.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN