Xunta de Galicia

A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades

A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Estudou nun só día a documentación presentada, e lembra que a autorización para modificar o proxecto ten que solicitala á CHMS e para a translocación debe usar o procedemento apropiado

A Xunta de Galicia remitiu esta mañá ao Concello de Lugo a resposta á documentación recibida onte na que solicitaba autorización para instalar dúas ramplas de acceso ao Miño e remitía o informe realizado sobre a existencia de especies protexidas.O O Departamento Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático estudou os documentos coa máxima dilixencia e enviou ao Concello un escrito coas aclaracións precisas a fin de non perder máis tempo innecesariamente.En primeiro lugar aborda o cambio de situación das plataformas, que agora o Concello propón trasladar uns metros precisamente para evitar o lugar de maior concentración de especies protexidas de náiades

e

segundo os resultados do seupropio estudo. A Xunta informa de que autorización para a instalación das plataformas e competencia da Confederación Hidrográfica do Miño–Sil, polo que a proposta da nova situación das plataformas deberá ser trasladada polo Concello de Lugo a este organismo de conca. No mesmo caso están os balizamentos propostos nesa zona de baño.No que respecta á posibilidade de translocación das náiades, a autorización deberá solicitarse mediante o procedemento específico existente na sede electrónica da Xunta para este fin, como sen dúbida coñece o Concello de Lugo, xa que é o mesmo que se usou para obter a autorización para realizar o estudo da presenza de exemplares protexidos.Por último, a Consellería apunta que, una vez máis, o propio informe municipal revela que a zona elixida non é a máis idónea para garantir a seguridade das persoas usuarias, con profundidades inferiores a 1,5 metros e o conseguinte risco de accidentes e lesións.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN