trasalba 

I Premio Otero Pedrayo de relato curto para adultos

A Fundación Otero Pedrayo organiza un novo premio que se entregará no Abril Oteriano en 2025 

Nuevo premio

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

A Fundación Otero Pedrayo organiza un novo premio. Trátase do I Premio Otero Pedrayo de relato curto para adultos.

Poderán participar autores e autoras maiores de 18 anos que presenten un relato breve inédito en lingua galega. Os textos deben ser totalmente orixinais e non poden ter máis de 2.000 palabras. O prazo de presentación é dende o 1 de decembro de 2024 ata o 15 de marzo de 2025.

A temática dos relatos é libre pero debe aparecer a figura de Ramón Otero Pedrayo -ben como personaxe do relato ou cunha mención á súa figura-. Os traballos poden enviarse por correo electrónico -fundacion.otero.pedrayo@gmail.com- en formato PDF ou poden enviarse impresos a Casa Museo Otero Pedrayo, Cima de Vila nº6 32172 Amoeiro, Ourense.

O xurado estará formado por membros da Fundación Otero Pedrayo e o premio consta dun lote de productos da Fundación Otero Pedrayo e un xogo de viños da Adega Terras Mancas.

O acto de entrega terá lugar coincidindo co Abril Oteriano en 2025. Os textos presentados, resulten ou non gañadores, poderán ser publicados na revista oteriana “Trasalba”