O Teatro Principal de Ourense acollerá a estrea da ópera galega "A Loba Branca"

A representación será o vindeiro 27 de setembro e está baseada nunha lenda da Serra do Courel 

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

O Teatro Principal de Ourense acollerá a estrea, en versión orixinal en galego, da ópera de Brais González “A Loba Branca”. A representación terá lugar o vindeiro 27 de setembro as 21:00 horas no teatro ourensán.

O director e compositor, Brais González, sinalou nunha entrevista en Cope Ourense que está baseada “nunha lenda da Serra do Courel” e narra a “relación entre os humanos e o medio natural coa manada de lobos neste lugar na Galicia rural”.

A través desta historia, Brais González trata nesta ópera galega temas de relevancia como “o entorno natural, o respecto á natureza, a honra e a vinganza”.