O Concello de Oleiros proporcionará leña gratuíta nas praias para o San Xoán

Ábrese o prazo para solicitar a realización de fogueiras

Castillo de Santa Cruz (Oleiros)

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño, o Concello de Oleiros porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.

A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

Necesidade de autorizacións

Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. Pode facerse de maneira dixital a través da Sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro da Casa do Concello, en ambos casos o prazo finaliza o día 21.

A solicitude e as normas básicas poden consultarse nesta ligazón.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN