A Deputación da Coruña colaborará con ACLAD para previr e sensibilizar sobre as drogodependencias

Apoiará a posta en marcha de campañas e actividades para concienciar á xuventude

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e de Aclad, Rosa Barreiro

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no seu despacho da institución provincial á presidenta da Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga (ACLAD) na Coruña, Rosa Barreiro.

Formoso e Barreiro falaron sobre a actividade da entidade, que conta con unidade asistencial e unidade de día no polígono de Agrela da cidade herculina e unha comunidade terapeútica en Culleredo, nas que traballa un equipo multidisciplinar do ámbito social e sociosanitario, con áreas de psicoloxía, psiquiatría, traballo social, educación ou enfermería, entre outras.

Campañas na xuventude

A entidade desenvolve ademais campañas e actividades de prevención, formación e sensibilización social sobre as drogodependencias nas que Formoso mostrou o interese da Deputación por colaborar para concienciar á xuventude dos riscos das drogas e dos seus efectos.

A presidenta de ACLAD invitou ao presidente da Deputación a visitar a comunidade terapeútica de Culleredo para coñecer en primeira persoa o traballo que desenvolven alí.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN