Luísa Villalta mirará ao mar da Coruña canda Hércules nun gran mural

Gadis promove esta iniciativa de arte urbana para estender a celebración do Día das Letras Galegas a todo o ano

Noela Bao

Coruña - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Luísa Villalta mirará ao mar Atlántico ao carón de Hércules. Farao en forma dun mural de arte urbana no paseo marítimo da Coruña, debaixo da Domus. A nova peza compartirá parede coa que fixo no 2022 Diego AS sobre a vitoria de Hércules sobre Xerión.

Gadis promove a realización deste gran mural, de 36 metros cuadrados. O obxectivo desta iniciativa é "estender a conmemoración" do Día das Letras Galegas máis alá do 17 de maio, de xeito que sexa "atemporal", segundo afirmou o director de Comunicación de GADISA Retail, José Luis Fernández Astray. Aludiu a "diveesas manifestacións" da cultura para compartir "cos milleiros de persoas que transitan a diario por este magnífico Paseo Marítimo".

Unha semana de traballo

Completalo levará á muralista Lidia Cao un importante traballo, calcula, ata o vindeiro venres, se o tempo o permite. Para poder chegar a toda a a superficie da parede -o mural ten cinco metros de alto e sete de ancho-, axúdase dunha plataforma elevadora.

00:00
El mural de Lidia Cao estará en el Paseo Marítimo de A Coruña

El mural de Lidia Cao estará en el Paseo Marítimo de A Coruña

O resultado, tal e como presentaron este xoves responsables de GADISA, será un mural colorido y melancólico feito con pintura plástica mate. Malia todo, o importante é o que representa. A Cao gústalle "retratar a personas cun mundo interior" e "aportar un pouco a través da súa mirada". Referencias aos libros e á música que queda por chegar, cun pentagrama baleiro, forman parte da obra.

Lembranza á beira da 'pétrea pel do mar'

No acto estiveron familiares de Luísa Villalta, desde a súa emocionada nai ata a súa sobriña-neta, aínda bebé. Susana Villalta, irmá da poeta, lembrou que parte da súa obra, nomeadamente o poemario En Concreto, se dedica á súa cidade natal. "Os lugares gardan instantes humanos nos seus puños fechados", di un dos seus versos rescatados pola familiar, que celebrou que o nome de Luísa vaia estar sempre "fronte ao mar, na cidade tatuada na pétrea pel do mar".

O concello da Coruña cedeu o espazo para facer o mural, e a alcaldesa, Inés Rey, quen agradeceu a Gadis o impulso á acción artística e subliñou a colaboración público-privada na cidade para a aposta en marcha de proxectos e iniciativas sociais e artísticas. “A súa alma era profundamente atlántica e dende o ano 2004, esa alma fica por sempre mirando ao océano dende Santo Amaro”, indicou a rexedora.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN