Camiño de Santiago

Murais inspirados en lendas e tradicións acompañán a peregrinaxe nas rutas do Camiño Inglés na Coruña

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa 'Arte no Camiño', con varios artistas urbanos

Presentación de Arte no Camiño
00:00
Eva Iglesias

Entrevista a Antonio Leira por Arte no Camiño

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

3 min lectura

A Deputación da Coruña pon en marcha ‘Arte no Camiño’, unha iniciativa que pretende contribuír ao embelecemento urbano nos municipios do Camiño Inglés e de Fisterra-Muxía. A acción persegue ademais de reflectir a historia, lendas e tradicións das peregrinacións a Compostela.

Os primeiros catro murais están situados noutros tantos puntos deste itinerario. En concreto, xa decoran paredes de Culleredo, Paderne, Dumbría e Fisterra obras de Lidia Cao, Cestola na Cachola, MØU e Nove Noel.

Arte contemporánea e tradición peregrina

Na inauguración da obra de Lidia Cao, o deputado responsable de promoción do Camiño Inglés, Antonio Leira, explicou que “Arte no Camiño fusiona a tradición peregrina coa arte contemporánea a partir da transformación de espazos urbano”. A iniciativa arrinca este mes de novembro pero a institución provincial confía en darlle continuidade “no resto dos concellos que forman parte destas rutas xacobeas que discorren integramente pola provincia e que a Deputación da Coruña vén impulsando dende hai tempo”.

A iniciativa non só axudará a mellorar a estética das localidades e a promocionar os roteiros de peregrinación da provincia a través dos murais que reflicten a historia e a cultura do Camiño, senón que tamén exercerá de altofalante para artistas locais. Isto é así porque precisamente son eles os protagonistas das creacións, planificadas de xeito coidadoso e que serán singulares e significativas. Así, co establecemento desta imaxe recoñecible asociada ás obras, comezará a desenvolverse unha identidade propia que se poderá seguir utilizando en edicións futuras do proxecto.

Trátase de conectar ás persoas peregrinas coas historias e tradicións locais, enriquecendo a experiencia cultural de todos os que transitan estes roteiros. Ademais, con estes murais elévase a estética e dáse unha plataforma de promoción aos e ás artistas”, apuntou o deputado Antonio Leira.

Os murais de Arte do Camiño

No mural de Culleredo, Lidia Cao recolleu no seu deseño inspirado nas lendas de Monte Xalo, onde se xuntaban as meigas, e combinouno cunha peregrina moza transportando unha estrela do Camiño, que ademais trae consigo o bo agoiro. Trátase dunha metáfora de que a crenza é fundamental, xa que pensar en cousas positivas axuda a atraelas.

Lidia Cao conta cunha ampla traxectoria, avalado por murais seus en numerosas cidades da xeografía española e en países como Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Francia, Portugal ou Noruega.

Presentación de Arte no Camiño diante do mural de Lidia Cao

Deputación da Coruña

Presentación de Arte no Camiño diante do mural de Lidia Cao

Pola súa banda, a cooperativa Cestola na Cachola pintou o mural en Paderne baseándose na lenda da Ponte do Porco e a historia de amor e desamor entre Roxín Roxal, servidor do señor de Pontedeume, e a noble filla Teresa. Esta ponte é parte do Camiño Inglés, polo que a agrupación apostou po reflectir unha lenda que deu nome ao paso sobre o río do século XII e conta con numerosas referencias ao longo do roteiro.

Mural de Cestola na Cachola en Paderne

Sandra Garcia Rey

Mural de Cestola na Cachola en Paderne

En Dumbría, MØU desenvolveu a idea da viaxe interior que propicia o Camiño a través da figura do ‘Vákner’, unha figura mítica entre un home e un lobo que, segundo contan as lendas, se aparecía aos peregrinos nos montes durante a peregrinaxe a Fisterra. Este será representado como unha persoa camiñante con roupaxes propias das ‘Mascaradas’ que lembra a épocas do Entroido pero pode ser confundida con lobishomes.

Mural de MOU en Dumbría

Sandra Garcia Rey

Mural de MOU en Dumbría

Por último, Nove Noel creou en Fisterra a obra ‘Camiñantes’, na que se expón un xogo de figuras na acción de camiñar en distintos planos, posicións e sentidos. É, polo tanto, unha referencia á diversidade de persoas que discorren polo Camiño ao faro de Fisterra.

Mural de Nove Noel en Fisterra

Sandra Garcia Rey

Mural de Nove Noel en Fisterra

‘Arte no Camiño’ encaixa dentro da importante estratexia de promoción do valor cultural que a Deputación da Coruña vén realizando durante os últimos anos. O obxectivo é dar a coñecer a oferta da provincia e promover as visitas turísticas. Dentro dese marco xeral, existe unha firme aposta pola promoción dos Camiños Inglés e de Fisterra-Muxía, que transitan case de xeito íntegro pola provincia. Esta acción, ademais, alíñase cos obxectivos do Plan Director dos Camiños de Santiago en Galicia 2022-2027, que busca a valorización do patrimonio cultural, a sustentabilidade e a mellora da experiencia do peregrino.

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN