17 de maio

Poeta, profesora e violinista nun grupo folk: así era Luísa Villalta

Repasamos os principales fitos da vida e obra da coruñesa homenaxeada no Día das Letras Galegas coa axuda da súa irmá Susana Villalta

00:00

Perfil biográfico de Luísa Villalta

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

No 2024 cúmprense 20 anos do pasamento de Luísa Villalta, a poeta recibe a súa merecida homenaxe este 17 de maio, Día das Letras Galegas. Villalta foi poeta, foi dramaturga, ensaísta e tradutora, pero tamén profesora e música profesional.

Luísa Villalta naceu no 1957 na Coruña e compaxinou os seus estudos de Filoloxía cos do título de violín, o seu "violino". Chegou a tocar en dúas orquestras e nun grupo folk, Escaino

Con todo, a súa carreira orientouse á docencia e foi en Ferrol, Oleiros e Sada profesora das que deixan pegada no alumnado

A poesía de Villalta é palabra melódica, como di no prólogo do seu primeiro poemario 'Música Reservada'. En 47 anos de vida deixou unha pegada importante na literatura galega, desde a publicación da súa primeira obra teatral 'Concerto para un home só', ata o seu poemario, case póstumo, 'En concreto'. A exploración estilística, o pensamento apaixoado e o compromiso co rigor saíron da pluma talentosa e versátil de Luísa.

Unha meninixite privou demasiado pronto a Galicia desta figura fundamental para a cultura galega, á que unha placa lembra na súa casa natal do barrio coruñés do Gurugú. “Nesta casa viviu e soñou Luísa Villalta. Aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que habita no outro lado da música, na poesía”.

A súa irmá Susana Villalta lembraba así a figura de Luísa nunha entrevista en COPE :

Por que se celebra o Día das Letras Galegas o 17 de maio?

O Día das Letras Galegas conmemórase cada 17 de maio. Non se trata dunha xornada casual: coincide coa primeira publicación da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1863. Cen anos despois oficializouse a xornada e a primeira homenaxeada non podería ser outra máis que a de Padrón.

É a Real Academia Galega a que decide a quen rende homenaxe Galicia ano tras ano. Debe cumplir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria no idioma da comunidade e ter falecido.

O 17 de maio xa se rendeu homenaxe a figuras de autores como Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón ou Curros Enríquez.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN