Segue a loita contra as velutinas en Lugo... Quen vai gañando?

Os apicultores locais e a Administración comezaron co trampeo para atrapar o maior número de raíñas posible, xa que a especie continúa coa súa expansión

00:00

A loita contra as velutinas segue na provincia de Lugo con sistemas de trampeo na primavera

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A loita contra as vespas velutinas segue na provincia de Lugo. Chega a primavera e, polo tanto, o momento do trampeo para tratar de atrapar o maior número de raíñas posible. Pero como vai a loita? Quen está a gañar esta batalla? Se nos guiamos polas cifras, esta especie invasora continua a súa expansión.

A vespa velutina é un problema co que levan loitando anos e anos os apicultores da provincia. A merma na colleita a causa desta especie invasora é realmente importante. Ademais das abellas e do mel que se perde, hai que contar os gastos que implica o proceso de trampeo e o tempo que perden os propios apicultores na loita contra esta praga.

Todos coinciden en que a primavera é fundamental. É o momento no que hai que capturar ás raiñas. É o método máis eficaz para evitar a proliferación de niños. Alberto Uría é un apicultor na zona de Negueira de Muñiz que xa leva varios anos colocando trampas e, de momento, polo menos nese lugar da Montaña de Lugo "están funcionando bastante ben".

Recoñece que "de momento non se deixaron ver, non hai actividade", pero aínda así segue a colocar as trampas para atrapar ao maior número de raíñas posibles. "Cando as collo, mátoas, e así evito a formación dun niño", dixo en COPE Lugo.

A pesar de todos os esforzos que fan os productores de mel e a propia Administración para tratar de controlar a expansión das velutinas, os datos indican que, polo menos de momento, van perdendo.

Seaga retirou o pasado ano preto de 30.000 niños. Aínda así, a xerente desa entidade pública, Luisa Piñeiro, recoñece que as velutinas continuaron a súa imparable expansión hacia o interior de Galicia, hacia as provincias de Lugo e Ourense.

Sistema de trampeo para frear a expansión da vespa asiática

Sistema de trampeo para frear a expansión da vespa asiática

Unha loita organizada

É posible frear esa expansión? O tempo diráo. O que está claro é que a loita contra as velutinas ten que ser organizada e coordenada. Non se trata de que produtores e Administración, local ou rexional, fagan a guerra por separado. Trátase de actuar conxuntamente. Para iso, a vindeira semana haberá unha xuntanza, á que estan convidados tódolos alcaldes de Galicia, para presentarlles o sistema de trampeo selectivo e xeolocalizado que xa se está ensaiando en varios lugares da comunidade autónoma.

Nestes días, dispositivos de captura estanse a colocar en diferentes concellos galegos a través dun operativo de trampeo coordinado no que participará persoal de Seaga, axentes ambientais ou bombeiros forestais da Consellería do Medio Rural.

Este trampeo xeolocalizado -unha das principais demandas do sector apícola galego para loitar contra esta especie invasora- baséase na colocación de dispositivos de captura nas mesmas localizacións nas que se detectaron niños de velutina en anos anteriores.

A medida permite facer un seguimento e estudar a evolución do insecto, ao rexistrarse os datos recollidos na aplicación informática Contravelutina para que poidan ser analizados por un grupo de técnicos especializados.

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN