patronales de Lugo

Arias: “Por ideoloxía ou incapacidade, o BNG sempre se presenta cun programa de San Froilán que non convence"

O delegado da Xunta en Lugo respondía así ás acusaciones do goberno local, que se queixou porque a administración autonómica só aportará 25.000 euros para as festas

Arias durante la presentación del Caudal
00:00
Xunta de Galicia

Javier Arias asegura que o Concello non pediu colaboración á Xunta para facer o San Froilán

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta non recibiu ningunha solicitude de colaboración por parte da área de Cultura do Concello de Lugo para contratar actuacións nas festas de San Froilán, malia que se lles ten comunicado en varias ocasións a disposición a colaborar.

Tamén lembrou que o goberno galego realiza unha achega económica de 25.000 euros, que está regrada, por tratarse dunha Festa de Interese Turístico Nacional, ao igual que destina 40.000 euros ao Arde Lucus, na súa condición de Festa de Interese Turístico Internacional.

Para Arias, semella que é o propio BNG quen non quere recibir a axuda da Xunta, para poder seguir na liña de confrontación entre as administracións, e critica que reclamen a colaboración o mesmo día da presentación do programa das festas.

25.000 euros, suficientes para "un concerto ou orquestra galega de nivel"

Non sabemos se por ideoloxía ou por incapacidade, o BNG sempre se presenta a estas alturas do ano, ás portas do San Froilán, cun programa que non convence á maioría e tentando botar balóns fóra”, asegurou o delegado.

 “Criticar a falta de colaboración, sen tela pedido antes, é querer botar aos demais a culpa das propias carencias”, insistiu.

En todo caso, considera que os 25.000 euros que achega a Xunta serían suficientes para contratar un concerto ou unha orquestra galega de primeiro nivel.

Javier Arias destacou que o Goberno galego está a colaborar coa organización das festas que se celebran nos distintos barrios de Lugo, como é o caso desta fin de semana en Paradai, e tamén coas asociacións que así o solicitan, para traer concertos á cidade. 

Neste senso, lembrou que a Xunta traerá nos vindeiros meses a Lugo a varios artistas recoñecidos mundialmente, entre os máis destacados Sophie Auster, que dará un concerto no Círculo das Artes o 31 de outubro; Marina Reche, que o fará o 29 de novembro; e Marwan, o 30 de novembro.

principal patrocinador do caudal

A Xunta é tamén o principal patrocinador do Caudal Fest, que a pasada fin de semana se celebrou cun éxito histórico en Lugo, coa participación de arredor de 40.000 persoas e un cartel artístico de primeiro nivel con nomes como Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia ou Arde Bogotá.

O delegado lembrou ademais o programa CulturOn, impulsado pola Xunta e que permitiu levar a máis de 40 municipios da provincia, con independencia da súa cor política, preto de 500 actividades culturais, que incluíron espectáculos de teatro, música, maxia ou novo circo, durante o verán.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

13:00H | 23 NOV 2024 | BOLETÍN