Carteis en galego para o comercio local de Lugo

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou un dos negocios do centro da cidade que xa colocaron a cartelería das rebaixas de xaneiro no noso idioma

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
00:00
Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, defende a cartelería en galego para o comercio local de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que a Tenencia de Alcaldía enviou aos comercios da cidade unha serie de carteis para anunciar as rebaixas utilizando a lingua galega

Ferreiro afirmou que esta é unha das medidas impulsadas pola Alianza Lugo pola Lingua, impulsada desde o executivo local, que permite "visibilizar que a nosa lingua pode ser utilizada en calquera situación, facilitando a veciñanza se anime a falar en galego e colaborando desde o Concello de Lugo para reverter unha situación tan grave como a que vive neste momento a lingua galega".

Os MENORES NON FALAN GALEGO

Segundo os últimos datos publicados, un de cada tres menores saben pouco ou nada de galego e só o 7% dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos falan galego sempre, "14 anos despois do decreto antigalego do Partido Popular, cunha xeración educada íntegramente nesta normativa, estamos vendo como as persoas máis novas están a perder a capacidade de utilizar a nosa lingua", afirmou Maite Ferreiro.

A edil de Promoción da Lingua afirmou que "é necesario tomar medidas reais e inmediatas que permitan reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua" e presentou ás asociacións e colectivos presentes "un decálogo de medidas básicas para promocionar o uso do galego e garantir que a nosa lingua non desapareza".

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00H | 12 ENE 2025 | BOLETÍN