investimentos innecesarios
O Partido Popular quere que o goberno local de Lugo "derroche" menos para aforrar impostos á veciñanza
O grupo da oposición presentou este luns dúas alegacións ás ordenanzas fiscais municipais, entre as que contempla a creación dun plan de contención de gastos
Lugo - Publicado el
1 min lectura
O Partido Popular de Lugo rexistrou este luns dúas alegacións ás ordenanzas fiscais: a primeira, de carácter xeral, está fundamentada no informe do interventor que recomenda adoptar medidas apuntando a un plan de contención de gastos innecesarios, para evitar asfixiar ainda máis a economía das familias, empresarios e autónomos lucenses que sufren as consecuencias das súas accións de goberno.
Na segunda alegación, os populares propoñen suprimir a plusvalía e bonificacións do IBI para os terreos rústicos da zona rural que agora pasarán a pagar como urbano.
"Presentamos unha proposta de bonificación de ata o 90% para as persoas afectadas polo cambio de consideración de terreos rústicos en áreas de expansión que agora deberán pagar como superficie urbana, aínda que sen gozar dos dereitos desa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo", indicou a voceira dos populares lucenses, Elena Candia.
INCREMENTO DO IBI
"É necesario corrixir esta situación. Hai que lembrar que socialistas e nacionalistas aprobaron no pleno de setembro o incremento do IBI para para preto de 15,5 millóns de metros cadrados de fincas na zona rural de Lugo", sinalou Candia.
"Tampouco podemos apoiar que se suba a plusvalía ata un 20%, polo que solicitamos a exención deste imposto inxusto e gravoso que prexudica aos pequenos aforradores e propietarios", continuou a voceira popular.
"Con estas propostas dámos voz a todos os cidadáns que se opoñen a que aumente para o vindeiro 2025 esta carga impositiva", matizando que "resulta inxusto que teña que ser a veciñanza a que pague polos derroches do goberno local", engadiu